USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.38Mb

O Colexio orienta a alumnos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña sobre o seu futuro profesional

07/05/2019

Nova: O Colexio orienta a alumnos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña sobre o seu futuro profesional

Recollendo a testemuña da xornada celebrada 27 de marzo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, o pasado 29 de abril repetimos un evento que, baixo o título “¿Que vas facer a finalizar os teus estudos?”, e organizado polo noso Colexio, ofrecemos aos futuros graduados da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, para orientalos acerca dos diferentes campos do exercicio da profesión a través da experiencia de profesionais especializados en cada un deles. 

Estes foron: Jesús Vázquez Pérez, asesor fiscal e Vicedecano-Vicepresidente do Colexio, que ofreceu a súa visión Visión das diferentes áreas do exercicio libre da profesión; Vicente Martín Egaña, director da súa propia firma (Finanzas Corporativas A3) e  socio fundador de Zincapital, que disertou sobre as funcións do economista na empresa; e Rada Zavaronkova Konopleva,  Financial Adviser en Norinver Montaxes e Enxeñaría, S.L.U. -e membro da Xunta de Goberno do noso Colexio-, que explicou aos alumnos as diferentes características do exercicio da profesión dentro o ámbito financeiro.

Na súa charla, Vicente Martín, explicou que o máis importante é “ser competitivo”. “¿E como chegar a selo?”, preguntouse. Pois a través de tres vías, indicou: ser mellor (“hai moi poucos, loxicamente, Messi hai só un”); ser diferente (“por exemplo, a través da canle de distribución, como pode ser vender luxo a través de internet”) ou ser máis barato (“coa dificultade que leva traballar cunha marxe mínima”).

Rada Zavaronkova, pola súa banda, explicou na súa alocución as súas atribucións profesionais, ademais de advertir que a principal característica dun bo financeiro “é a integridade”. Finalizou a súa exposición advertindo “que ao final non che pagarán por ter un título, senón polo teu talento, o teu sentido común e a túa capacidade de facer equipo e de aprender”.

Por último, Jesús Vázquez,  expuxo as principais características dos profesionais do a asesoría fiscal, destacando “a necesidade de constante aprendizaxe neste ámbito, dada a profusión normativa existente no noso país”.  Finalizou cun consello: “contar cun bo seguro de responsabilidade civil, pois todo o mundo, nalgunha ocasión, equivócase no seu traballo”.

A xornada, concluíu coa intervención de Miguel A. Vázquez Taín, decano do Colexio de Economistas da Coruña, que explicou aos asistentes cal é o papel que o Colexio pode xogar no seu desenvolvemento profesional e como pode axudalos, orientalos e acompañalos nos seus primeiros pasos no mercado laboral.

Máis dun centenar de alumnos déronse cita na aula Magna da Facultade para escoitar a estes profesionais do mundo da economía, cos que tiveron ademais a posibilidade de interactuar.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade