USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.38Mb

O Colexio participou na Feira de Emprego Universitario da Escola de Finanzas

24/04/2019

Nova: O Colexio participou na Feira de Emprego Universitario da Escola de Finanzas

Co obxectivo de dar a coñecer as accións que o Colexio realiza no ámbito do emprego, o pasado mércores día 10 de abril estivemos presentes na Feira de Emprego Universitario, organizada pola Escola de Finanzas da Coruña.

Tratouse dunha nova edición dun evento que pretende responder á demanda tanto de empresas –atopar o perfil idóneo- como de mozos recentemente graduados, de face ao comezo da súa carreira profesional.    

Ao longo da xornada desenvolveuse ademais, un programa moi intenso: conferencias, talleres prácticos e mesas redondas, nos que se abordaron temas candentes en materia de dixitalización, contratación, selección de persoal, e os perfís que as empresas buscan no século XXI.

Un bo número de asistentes desfilaron ao longo da xornada polo Campus de Excelencia da Escola de Finanzas en Oleiros, algúns dos cales se achegaron á nosa caseta para coñecer de primeira man non só a bolsa de emprego do Colexio e as bolsas “Economistas 2019” postas en marcha pola Fundación Unha Galicia Moderna, entidade vinculada ao Colexio, senón tamén as nosas accións no ámbito   asistencial, así como  resto de servizos que a institución ofrece ao colexiado.

Na Feira participaron así mesmo empresas como  Grupo Caamaño, Navantia, Disashop, Nortempo, entre outras.

Coa cada vez máis habitual presenza do Colexio neste tipo de eventos, ademais da habitual Xornada de competencias profesionais que cada ano ofrecemos aos estudantes nas universidades de Santiago e A Coruña, reafirmamos o noso compromiso coa empleabilidad dos máis novos.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade