USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 3.38Mb

Economistas orientan a estudantes de ADE e Economía da USC sobre o seu futuro profesional

27/03/2019

Nova: Economistas orientan a estudantes de ADE e Economía da USC sobre o seu futuro profesional

 

Baixo o título “¿Que vas facer a finalizar os teus estudos?”, e organizada polo Colexio de Economistas da Coruña, tivo lugar o pasado día 27 de marzo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago unha xornada na que se deu a coñecer aos estudantes dos últimos anos de ADE e de Economía os diferentes campos do exercicio da profesión a través da experiencia de profesionais especializados en cada un deles. 

Trátase dunha xornada que o Colexio vén ofrecendo nos últimos anos tanto na Universidade de Santiago como na da Coruña –onde se celebrará proximamente- que conta cunha magnífica acollida entre os estudantes. Preto dun centenar déronse cita para escoitar aos  profesionais do mundo da economía que trasladaron as súas experiencias aos alumnos. 

Estes foron: Alfonso López Pena, membro do Comité do Directorio de Xestión e Estratexia do Grupo Losán, que ofreceu a súa visión sobre o papel a desempeñar polos economistas dentro da empresa; Pedro Veiga Fernández, director xeneral adxunto de Planificación e Project Management Office en ABANCA, que disertou sobre as funcións do economista nas entidades financeiras; e Jorge Borrajo Deus, socio de Iberaudit Kreston, que explicou as diferentes áreas do exercicio libre da profesión de economista.

López Pena describiu na súa charla o seu paso de director financeiro a director xeral da empresa, -“onde xa hai que saber de todo”- e quixo deixar un consello aos alumnos: “aprendede inglés”. Pedro Veiga, pola súa banda, resaltou na súa intervención “o acusado cambio na xestión de procesos que sufriu o sector bancario”, mercé ao implacable avance da tecnoloxía, “algo que non termina aquí, polo que hai que estar en constante reciclaxe”, sinalou. O seu consello para os alumnos: “ademais da formación, que xa a tedes, desenvolvede outras habilidades como os dotes en oratoria para falar en público ou a empatía”.

Por último, Borrajo explicou na súa alocución os diferentes ámbitos de actuación do economista: fiscal, forense, auditoría, contabilidade, “incluso a docencia, como é no meu caso parte do meu traballo”, indicou, “e ademais en todos eles hai traballo”. O seu consello: “tratar de gozar do que se fai”

A xornada, na que tamén estivo presente Xoán Ramón Doldán García, decano da Facultade, concluíu coa intervención de Miguel A. Vázquez Taín, decano do Colexio de Economistas da Coruña, que explicou aos asistentes cal é o papel que o Colexio pode xogar no seu desenvolvemento profesional e como pode axudalos, orientalos e acompañalos nos seus primeiros pasos no mercado laboral.

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade