USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.36Mb

Mércores, 27 de marzo: Xornada de Competencias Profesionais na USC

14/03/2019

Nova: Mércores, 27 de marzo: Xornada de Competencias Profesionais na USC

Como nos últimos anos, o Colexio organiza nas Facultades de Santiago e A Coruña unha xornada de encontro con estudantes de últimos anos de ADE e Economía, cuxo obxectivo non é outro que é dar a coñecer aos estudantes dos últimos anos de ADE e Economía os diferentes campos do exercicio da profesión a través da experiencia de profesionais especializados en cada un deles. Doutra banda, explicarase cal é o papel do Colexio de Economistas, que función xoga no desenvolvemento profesional e como pode axudar aos estudantes de face ao mercado laboral.

A primeira das citas terá lugar o mércores, 27 de marzo, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago (ás 12 horas , na aula C).

A continuación, deixámosvos o programa desta xornada, cuxa entrada é libre.

 

PROGRAMA:

 

12.00 horas_ Presentación

Xosé Ramón Doldán García. Decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

Miguel A. Vázquez Taín. Economista. Decano-Presidente do Colexio de Economistas da Coruña.

 

12.10 horas_ O Economista Ejerciente. Visión das diferentes áreas do exercicio libre da profesión

Jorge Borrajo Divos. Economista. Auditor de contas. Administrador concursal. Socio de Kreston Iberaudit. Profesor na Facultade de Economía da UDC.

 

12.25 horas_ O economista na empresa

Alfonso López Pena. Economista. Membro do Comité do Directorio de Xestión e Estratexia do Grupo Losán.

 

12.40 horas_ O economista nas entidades financeiras 

Pedro Veiga Fernández. Director Xeneral Adxunto de Planificación e Project Management Office (PMO) en ABANCA.

 

12.55 horas_ O Colexio de Economistas: que é e que servizos ofrece 

Miguel A. Vázquez Taín. Economista. Decano-Presidente do Colexio de Economistas da Coruña.

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade