USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 3.05Mb

O Colexio convoca o III Concurso Infantil de Postais de Nadal

05/11/2019

Nova: O Colexio convoca o III Concurso Infantil de Postais de Nadal

Co obxectivo de fomentar a participación de nenos e nenas que teñan relación familiar cun colexiado/a de o noso Colexio, convocamos novamente este Concurso Infantil de Postais de Nadal, tras as gratas experiencias previas.

[VER BASES]

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, mantéñense tres categorías (ata os 4 anos, de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos) e a temática será exclusivamente do Nadal, sendo de libre elección a técnica a empregar (lapis, rotuladores, ceras, acuarelas, etc.) e serán realizados sobre un papel ou cartolina, de calquera cor, cunha dimensión máxima de DIN-A4.   

Os traballos, que deberán ser remitidos, como data límite, o martes 10 de decembro, ás 15.00h, poderán facerse chegar á sede do Colexio na Coruña, de dous modos:

- De forma presencial ou por correo postal á dirección do Colexio (C/ Cabaleiros, 29- 1º. 15009 A Coruña)

- En formato electrónico, escaneados e enviados á dirección: colegio@economistascoruna.org

O xurado encargado de valorar e decidir sobre os traballos premiados (que estará formado polos membros da Xunta de Goberno do Colexio e polos representantes dos patrocinadores do premio) terá en conta os seguintes criterios para valorar os traballos presentados: 

•   Adaptación da técnica á idade do autor.

•   O enxeño, a creatividade e a imaxinación.

•   O esforzo, o traballo e a dedicación do participante.

Ao longo do mes de decembro, convocarase un acto -no que os protagonistas serán os máis pequenos- onde se exporán todos os traballos presentados ao concurso e farase a entrega dos premios aos gañadores de cada categoría, que consistirán nun obsequio acorde coa idade do neno/a e un diploma. Así mesmo, todos os nenos/as recibirán un diploma pola súa participación.

De entre as postais gañadoras elixirase a que será a felicitación corporativa do Colexio das próximas datas do Nadal.

¡¡¡ANIMADE A PÉQUELOS A PARTICIPAR!!!

 

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

III CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS DE NADAL

 

-         Idade participantes: idade máxima, 12 anos (ata cumprir 13)

-         Data límite entrega postais: martes 10 de decembro

-         Entrega premios: acto a celebrar a semana do 16 de decembro

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

PATROCINA:

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade