USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.65Mb

Presentación da segunda edición do ?Atlas Concursal?

08/10/2018

Nova: Presentación da segunda edición do ?Atlas Concursal?

No marco do XII Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal e Societario, organizado polo Consello Galego de Economistas, que se celebrou os pasados días 4 e 5 de outubro en Santiago de Compostela e no que participan preto de 200 administradores concursais, foi presentada a segunda edición do Atlas Concursal, elaborado polo Rexistro de Expertos en Economía Forense (REFOR), órgano especializado do Consello Xeral de Economistas.

Esta nova edición do Atlas Concursal actualiza a información estatística sobre a problemática da insolvencia en España e fai unha comparativa entre as diferentes Comunidades Autónomas, así como con países da Unión Europea.

A presentación correu a cargo de de Valentín Pich Rosell, presidente do Consello Xeral de Economistas de España; Miguel Anxo Vázquez Taín, presidente do Consello Galego de Economistas, Alberto Velasco, secretario técnico do REFOR-CGE e Isaías González, membro da Xunta de Goberno do Colexio de Economistas da Coruña.

De entre os datos que se recollen no estudo, destaca a nivel nacional o feito de que máis de 94 % dos concursos de acredores terminan en liquidación, mentres que, ciñéndonos a Galicia, a maioría dos procesos son de micropymes, das que entre un 40 e un 45 % teñen apenas un só empregado. A nosa comunidade ocupa a sexta posición de entre as autonomías con máis concursos -225 na 2017- cifra esta que representa unha caída do 15 % respecto ao ano anterior, pero aínda por encima da media española.

Pich indicou na súa intervención que “é bo que haxa menos empresas en concurso porque quere dicir que a economía vai mellor, pero hai que integrar os procesos concursais como un procedemento da economía normal”.

Pola súa banda, Taín quixo pór en valor o papel dos administradores concursais, “que co seu labor conseguen salvar ás empresas ou que teñan unha saída ordenada do mercado”. Por último Isaías González lembrou a necesidade de impulsar “mecanismos de mediación fronte á judicialización para axilizar os procesos concursais”.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade