USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 3.55Mb

A maioría dos economistas galegos móstrase favorable a recibir migrantes de forma moderada e temporalmente

13/09/2018

Nova: A maioría dos economistas galegos móstrase favorable a recibir migrantes de forma moderada e temporalmente

O dato extráese dos resultados do “Barómetro de Economía”,  que recolle a opinión dos economistas galegos e que edita o Consello Galego de Colexios de Economistas, e no que ademais se rexistra unha lixeira caída da valoración da situación económica galega.

O 51,9% dos economistas galegos opina  que Galicia debe recibir migrantes aínda que  “nun volume discreto e de modo provisional” e o 29,8% dos enquisados cre conveniente deseñar un plan para a súa recepción. Os colexiados favorables atópanse en Lugo, A Coruña e Pontevedra e son os asalariados do sector público (40,7% e os asalariados do sector privado (34,7%) os que se manifestan de modo positivo sobre esta cuestión. Os datos despréndense dos resultados do “Barómetro de Economía correspondente ao  primeiro semestre de 2018, realizado polo Consello Galego de Economistas, órgano que aglutina aos colexios de economistas do catro provincias. O estudo recolle a opinión do colectivo de colexiados economistas  galegos en relación a parámetros crave da economía provincial,  rexional e nacional.

Os datos extraídos do Barómetro do primeiro semestre de 2018 foron presentados esta mañá en Santiago polo director da publicación, Venancio Salcines, e pola directora do estudo, María Jesús Freire Seoane, profesora Emérita da universidade da Coruña. Ao acto tamén asistiu o noso decano e presidente do Consello, Miguel Vázquez Taín.

Falta  man de obra

Por vez primeira, o estudo recolle a inquietude dalgunhas asociacións empresariais, que o traballo non precisa, pola dificultade de captar traballadores cos oficios que requiren as súas empresas o que impide a súa expansión no mercado. O 61,56% dos colexiados móstranse favorables a impartir cursos de formación e que sexa o propio sector empresarial o que os leve a cabo. Pola súa banda o 25,35%  inclínase por elevar as condicións salariais para captar traballadores cualificados ou doutras autonomías.

Se temos en conta a situación laboral dos entrevistados,  obsérvase que son os parados (87,5%) quen se mostran manifestamente abertos á celebración de máis cursos e a súa execución a cargo do sector empresarial.

Percepción económica en caída

Os resultados mostran certa deterioración da percepción da situación económica galega en relación co anterior barómetro, que alcanzou a cifra máxima cun 41,3%. Os entrevistados da actual mostraxe rebaixan ata o 38,2% a valoración positiva da economía  en tanto que a sensación negativa escala ata o 12,5%. Por provincias,  un 42,1% dos colexiados da Coruña ven a economía en positivo e un 39,25% dos de Ourense,  mentres que a cualificación  negativa lidérana os profesionais de Lugo  (15,8%) e Pontevedra (14,4%).

O paro, principal preocupación

Para os profesionais, o paro continúa sendo o problema máis importante (63%) e rexistra lixeiras diferenzas segundo a provincia de residencia de cada enquisado, cunha maior incidencia para os que habitan na Coruña (71%). Séguelle a inadecuada dimensión da estrutura das empresas galegas (46 %) e o déficit de infraestruturas e comunicacións (44%). As medidas que reclaman como urxentes para fomentar o emprego non variaron con respecto a barómetros anteriores.

Os profesionais manteñen a súa opinión e cren oportuno mellorar o sistema educativo coa máis alta valoración (8,5 sobre 10), seguido da captación de investimento estranxeiro (7,8 sobre 10), a creación de novos nichos de emprego (7,7 sobre 10) e a reactivación do sector agrario (7,2 sobre 10). Os entrevistados máis novos reclaman a reactivación do sector da construción, captar investimento estranxeiro e crear novos nichos de emprego.

O 52,5% dos economistas afirma que en Galicia se crea emprego

O último bloque do estudo recolle a opinión dos enquisados con respecto a tres temas actualidade. Nesta análise solicitouse opinión sobre a política migratoria na UE e como debería afrontarse en Galicia, que medidas é conveniente adoptar ante  a dificultade para achar determinados oficios e a evolución do mercado de traballo de Galicia atendendo ás cifras de cotizantes á Seguridade Social.


[ACCESO Ao DOCUMENTO ÍNTEGRO AQUÍ]

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade