USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 3.55Mb

O Colexio asina un convenio de colaboración co CIP - Centro de Iniciativas Profesionais

24/07/2018

Nova: O Colexio asina un convenio de colaboración co CIP - Centro de Iniciativas Profesionais

O pasado 5 de xullo o decano do Colexio e o Director Xeral de CIP – Centro de Iniciativas Profesionais asinaron na sede do noso Colexio un convenio de colaboración para o exercicio de accións comúns entre ambas as institucións no ámbito formativo.

En base ao clausulado do devandito convenio, todos os colexiados poderán verse beneficiados dun 15% de desconto nos programas formativos de cursos, másteres oficiais e títulos propios do CIP nos que se matriculen, e aos que o Colexio dará difusión. CIP é centro asociado do CEF – Centro de estudos Financeiros desde hai máis de 25 anos e é socio fundador de UDIMA (Universidade a Distancia de Madrid), ofertando todo o programa formativo destas dúas institucións.

Fundado en 1989, o CIP axunta amplas instalacións con acolledoras aulas e unha infraestrutura de máxima calidade -nas súas sedes da Coruña e Vigo- cunha proposta de ensino ao máis alto nivel que redunde no desenvolvemento intelixente das capacidades profesionais dos alumnos.

Protagonizaron a firma do convenio en representación das súas respectivas institucións, o noso decano, Miguel A. Vázquez Taín e Pedro Rei Beira, Director Xeral de CIP – Centro de Iniciativas Profesionais. Tamén fixo acto de presenza José Canalejas Couceiro, vogal da Xunta de Goberno.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade