USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.06Mb

San Pablo 2018: XUNTOS FACEMOS COLEXIO

09/07/2018

Nova: San Pablo 2018: XUNTOS FACEMOS COLEXIO

O pasado xoves, 5 de xullo, máis de cento cincuenta colexiados e familiares déronse cita nas instalacións do Hotel NH Collection Finisterre da Coruña, para asistir aos actos conmemorativos da festividade de San Pablo, patrón da profesión.

No transcurso do evento, rendeuse homenaxe aos colexiados que ao longo do ano cumpriron un cuarto de século de pertenza ao Colexio de Economistas coruñés, e tamén se fixo entrega dos títulos do Máster en Fiscalidade e Tributación que desde 2007 vén impartindo o Colexio, recibindo nesta ocasión o seu diploma os alumnos da décima promoción. Así mesmo, e como novidade, realizouse un pequeno acto de benvida aos colexiados que se incorporaron ao Colexio desde a celebración de San Pablo 2017  ata a data.

O decano da entidade, Miguel A. Vázquez Taín, quixo reivindicar na súa intervención a figura do economista colexiado, “algo que outorga un plus, un valor ao seu traballo”. Así mesmo, quixo deixar constancia que “aínda que o principal destinatario dos esforzos do Colexio son os nosos colexiados, como non podía ser doutra forma, tamén é certo que nos esforzamos por achegar o noso granito de area en beneficio da sociedade, algo que nos distingue doutras entidades talvez máis corporativistas, e do que debemos enorgullecernos”.

Vázquez Taín mostrouse, ademais, especialmente orgulloso e satisfeito da fusión entre os antigos Colexios de Economistas e de Titulados Mercantís. Precisamente este último cumpriría 120 anos de existencia en 2018, motivo polo que se rendeu unha pequena homenaxe no que o seu anterior presidente -e actual vicedecano dos Economistas- Jesús Vázquez Pérez, fixo un breve percorrido pola historia colexial e, nun xesto cargado de simbolismo, entregou o libro fundacional do antigo Colexio de Titulados Mercantís a Vázquez Taín. “A historia dos Titulados Mercantís coruñeses é un camiño infestado de éxitos, coroado polo broche da unificación”, concluíu o vicedecano.

Pola súa banda, Agustín Fernández, director do Máster en Fiscalidade e Tributación do Colexio, indicou na súa quenda de palabra, tras felicitar aos alumnos da décima promoción, que “nunha noite chea de aniversarios, nós tamén podemos empezar a presumir de cumprir unha data tan sinalada como a primeira década de impartición do Máster, o que vén ratificar a súa consolidación, sobre todo nunha complicada contorna pola competencia existente nesta materia”.

O colexiado de prata Pablo Arufe foi o encargado en tomar a palabra en representación dos compañeiros que cumpriron un cuarto de século de pertenza ao Colexio. Destacou nas súas palabras o alto nivel de formación e información recibida por parte do Colexio ao longo destes 25 anos, e animou “a participar como eu tiven a ocasión da vida colexial, o que me permitiu estreitar lazos de unión e xerar frutíferas relacións con compañeiros de profesión, tanto a nivel profesional como persoal”.

Á celebración asistiron personalidades como Corina Porro, presidenta do Consello Económico e Social de Galicia ou Anxo Calvo, decano da Facultade de Economía e Empresa da UDC, así como Mª Teresa Cancelo Márquez, Roberto Pereira Costa e Diego Comendador Alonso, Colexiados de Honra da entidade.

O acto foi conducido pola xornalista Loreto Silvoso e á súa finalización todos os asistentes puideron gozar dun coctel amenizado pola música de Lle Suite Band.

En definitiva, unha nova celebración da festividade do Patrón da nosa profesión, o que supuxo unha nova ocasión para reivindicar o orgullo do pertencer ao Colexio. Porque, tal e como indicou o decano nunha das súas intervencións, “unha maior implicación dos colexiados por participar das actividades colexiais de toda índole, fai un Colexio máis forte, con máis músculo e con maior capacidade de facer cousas”.

XUNTOS FACEMOS COLEXIO.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade