USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.06Mb

O Colexio recollerá as contas para o seu depósito nos Rexistros mercantís da Coruña e Santiago

04/07/2018

Nova: O Colexio recollerá as contas para o seu depósito nos Rexistros mercantís da Coruña e Santiago

Un ano máis os colexiados poderán entregar as contas anuais que haxan de depositar nos Rexistros mercantís da Coruña ou Santiago nas dependencias do Colexio. Como é habitual o Colexio de Rexistradores pon a disposición dos interesados o programa informático para o depósito de contas, que pode descargarse directamente desde a ligazón habilitada na web do Colexio. 

Igualmente, é moi importante ter en conta que a provisión deberá realizarse exclusivamente mediante cheque nominativo a nome do Rexistro mercantil destinatario das contas. 

No caso de que non se opte pola presentación telemática, poderán presentarse as contas en papel, CD ou DVD.

  

Custo unitario do depósito 

Os seguintes importes son netos, descontadas retencións e incluído IVE: 

- REXISTRO MERCANTIL A Coruña: 

 

 

 

 

- REXISTRO MERCANTIL SANTIAGO: Consultar os importes telefonicamente no propio Rexistro, no teléfono 981.561.693

 

Prazos e horarios para a presentación do depósito no Colexio

 

Poderanse presentar nas dependencias do Colexio as contas a depositar  nos seguintes horarios de atención ao público:

 

       -  A Coruña: ATA o día 30 de xullo, luns, de 8:00 a 15:00 horas  (C/ Cabaleiros, 29-1º). 

       -  Santiago: UNICAMENTE o día 30 de xullo, luns, de 9:00 a 14:00 horas (Avenida do Burgo, s/n. Campus Norte, Facultade de Económicas). 

 

*Nota a ter en conta: 

1. No caso de que a Xunta Xeral celebrouse antes do 30 de xuño a presentación farase directamente no propio Rexistro mercantil para evitar o incumprimento dos prazos previstos na lexislación mercantil.

 

2. Este ano a documentación requirida para o depósito incorpora un novo documento no que se debe informar sobre a titularidade real

3. Cando se realiza presentación telemática completa, é importante asegurarnos de achegar o certificado de aprobación de contas. 

4. Lembramos que os modelos actualizados están dispoñibles nas páxinas web de Rexistradores e do Ministerio de Xustiza. Así mesmo na páxina web de Rexistradores está dispoñible o programa para o depósito, recomendamos que aqueles que xa o teñan instalado actualíceno. 

5. No caso de que se realice o depósito en soporte dixital é preciso que no certificado de aprobación de contas figure o número da pegada dixital. 

6. Non será necesario lexitimar ante Notario as firmas da Certificación de aprobación de contas anuais para o seu depósito nos Rexistros mercantís da Coruña e Santiago. 

7. Identificación dos asinantes: o Rexistro mercantil comprobará que os asinantes da certificación teñen o seu cargo inscrito e vixente, por iso é necesario que se identifique en todos os casos os nomes dos mesmos. En particular deberá terse en conta que cando a certificación se expida polo Secretario do Consello de Administración, co visto e prace do Presidente, deberá indicarse o nome deste na antefirma. 

 

8. Para ambos os rexistros, a solicitude de presentación (documento xerado polo propio programa) ha de presentarse POR DUPLICADO.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade