USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.19Mb

Publicado o Observatorio Financeiro do Consello Xeral de Economistas

04/06/2018

Nova: Publicado o Observatorio Financeiro do Consello Xeral de Economistas

 

O pasado 3 de maio foi publicado o Observatorio Financeiro do Consello Xeral, correspondente ao primeiro trimestre do ano, con recuperación da eurozona, especialmente dos países receptores das nosas exportacións e a subida do prezo do petróleo e a retirada dos estímulos monetarios, como notas máis destacadas.

 

·         Indícanse as previsións de crecemento; xa se percibía esa tendencia no mes pasado ao considerar un crecemento do 2,5% con rumbo alcista ata un 2,6%. Pero o crecemento do 0,7% neste primeiro trimestre confirma que se segue na liña coa que se pechaba o ano: continuamos no ciclo expansivo, pero sen recuperar o ritmo de crecemento do primeiro trimestre do ano anterior.

 

·         A recuperación da eurozona, especialmente nos principais países receptores das nosas exportacións: Alemaña, Italia e Francia, fai subir as expectativas da contribución destes países ao PIB de ata 0,4% puntos (unha décima por encima da nosa previsión do mes pasado). Afortunadamente a inflación parece controlada e as subidas salariais foron moderadas o que redunda no mantemento da competitividade exterior. O IPC anual leva uns meses estabilizado no 1,2%, polo que a subida do petróleo; que habería que esperar a se só é conxuntural, podería afectar as nosas previsións. A tendencia é un lixeiro incremento da posición actual polo que  podería alcanzarse o 1,6% ao final do ano 2018.

 

·         Mentres, a demanda interna contribúe con 2,3 puntos, cedendo unha décima a tenor da probable debilidade do consumo. De feito, o paro subiu no trimestre, que aínda que este é un período que adoita ser malo para o emprego, é significativo que o comportamento fose peor que en anos anteriores. No entanto, mantemos as nosas previsións da taxa de paro en torno ao 15% para 2018 e do 14% para 2019, se se manteñen as previsións de crecemento da economía.

 

·         Ademais do mal comportamento do emprego, a taxa de aforro está en mínimos, minguando a renda dispoñible das familias, o que nos fai estimar que o consumo pode fraquear nos próximos meses.

 

·         Con todo, o repunte do sector residencial e do investimento en bens de equipo, son factores positivos. O noso prognóstico cun peche do 0,7% no crecemento do PIB do primeiro trimestre, segue sendo que podería continuar co 0,7% no segundo e 0,6% nos dous últimos. Con todo, admitímolo, iso segue constituíndo unha previsión conservadora.

 

·         Preocupación a estas alturas está na subida do prezo do petróleo, que deixou de ser o vento de cola pola nosa dependencia do mesmo. Aínda que vemos en positivo, a aprobación dos orzamentos (polo investimento público) e unha posible normalización do problema catalán. Queda por comprobar como superamos a retirada dos estímulos, e canto pesaría no noso elevado endebedamento público e privado (aínda que vén mellorando este último, en empresas e familias).

 

·         No turismo, a ameaza é a recuperación de mercados alternativos, a fortaleza euro e a debilidade de Reino Unido. Iso fai prever que nos afastemos das marcas de anos anteriores, que comece a diminuír a cifra de visitantes, algo que debería tentar compensarse aumentando a calidade deste turismo e en tal sentido o maior gasto por turista. Non podemos esquecer o peso do sector servizos na nosa economía e do turismo naquel.

 

·         Tamén preocupa a caída do investimento estranxeiro, aínda que a mellora da cualificación risco país (principais axencias), e unha maior estabilidade política, ao contar con orzamentos, podería reverter a tendencia.

 

O Observatorio Financeiro do Consello Xeral de Economistas elabora –ademais das previsións mensuais sobre o PIB, a inflación e a taxa de desemprego– os informes cuadrimestrais coa análise da situación financeira e de todos os parámetros que lle afectan, así como da información diaria, que se pode seguir na web: http://www.observatorioeconomico.es/index.php

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade