USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.19Mb

Os Expertos Contables analizan o seu papel na internacionalización de empresas

04/06/2018

Nova: Os Expertos Contables analizan o seu papel na internacionalización de empresas

O pasado 11 de maio celebrouse en Madrid a terceira edición da Xornada Nacional do REC, onde se analizou o papel dos expertos contables na internacionalización das empresas españolas.

Nos debates organizados participaron algunhas das persoas e entidades públicas que son hoxe referencia da internacionalización e das finanzas españolas, como a secretaria de Estado de Comercio, Marisa Poncela; a vicepresidenta da CNMV, Ana María Martínez-Pina; o presidente da Cámara de Comercio de España, José Luís Bonet; ou o presidente de COFIDES, Salvador Marín. En representación do noso Colexio, acudiu á Xornada José Canalejas.

Tamén houbo unha representación significativa do sector privado, con destacados directivos do Banco de Santander, EY e Tendam Global Fashion Retail (antigo Cortefiel). De acordo coas palabras do presidente do REC], Antonio Fornieles, “unha das principais conclusións da xornada de hoxe é que o asesoramento dos Expertos Contables é unha peza fundamental do proceso de internacionalización planificado que abordan as empresas que compiten con éxito nos mercados globais”. Pola súa banda, Francisco Graza, vicepresidente do REC], recalcou que “a claridade á hora de presentar a información contable resulta clave para lograr un bo rating que permita obter financiamento ás empresas que desexen saír ao exterior e, neste proceso, a figura do experto contable pode resultar de gran axuda”. 

Enquisa de conxuntura

A enquisa de conxuntura económica realizada con motivo do III Xornada Nacional do Rexistro de Expertos Contables REC], na que participaron un centenar de profesionais adscritos ao mesmo, pon de manifesto que aínda non se deixaron atrás os efectos da crise financeira. Un 60% dos enquisados considera que a economía española aínda non superou a crise económica.

Ademais, un 76% dos expertos contables enquisados cre que as tensións que afronta o comercio mundial afectarán negativamente na internacionalización das empresas españolas. Tamén valoran a solvencia das compañías españolas e a información financeira que dispoñen os investidores cun notable. E, por último, máis dun 56% percibe que pode volver producirse unha burbulla inmobiliaria en España.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade