USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.46Mb

Os economistas galegos toman novamente o pulso a saúde económica da Comunidade

14/03/2018

Nova: Os economistas galegos toman novamente o pulso a saúde económica da Comunidade

O 59 % dos economistas galegos considera que a viabilidade do sistema de pensións depende do desenvolvemento e implementación de reformas estruturais que inclúan solucións ao problema demográfico que sofre España, mentres que un 28 % cre que son necesarios “axustes, máis que reformas”. Só un 11 % dos profesionais enquisados cre que se deben aplicar novas figuras impositivas que cubran o déficit de caixa. Estes datos despréndense dos resultados do  “Barómetro de Economía” que analiza os datos ao peche de 2017 e a súa evolución no último semestre do ano, e que realiza o Consello Galego de Economistas, órgano que aglutina o catro colexios provinciais. O estudo, que recolle a opinión do colectivo economista galego en relación a parámetros crave da economía rexional, nacional e provincial, recollida nos primeiros meses do presente ano, foi presentado na mañá de onte en Ourense.

No acto participaron o director da publicación, Venancio Salcines, e a directora do estudo, María Jesús Freire Seoane, profesora titular do departamento de Análise Económica na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. Tamén asistiron á presentación o presidente do Consello, Miguel Vázquez Taín, e  o decano do Colexio de Economistas de Ourense, Guillermo Díez, quen exerceu de anfitrión.

Os resultados mostran unha lixeira retardación no ritmo de crecemento económico, tanto desde o punto de vista das expectativas, como no relativo á procura de solucións aos problemas que afectan á economía galega. Así, un 56 % dos economistas manifesta que a situación da economía galega está “igual” respecto ao ano anterior. Os datos obtidos permiten afirmar que a percepción de que a situación está “mellor” descendeu considerablemente (33 %) en relación ao barómetro anterior (49,6 %). rompe así a tendencia ascendente despois do mínimo histórico alcanzado o ano 2011 no que a porcentaxe de respostas neste punto foi só do 1, 8 %. Os profesionais de Pontevedra e A Coruña son quen afirman que está “mellor” co 38 % e 34 %, respectivamente. 

Tendo en conta o sector de actividade dos entrevistados, obsérvase que os traballadores do sector público predominan na súa valoración optimista sobre a situación da economía galega (41,6 %), mentres que os colexiados xubilados son, con moita diferenza, os que presentan valoracións máis pesimistas (30 %).

Sobre a economía de España e de cada unha do catro provincias galegas tivéronse en conta os valores rexistrados nos barómetros anteriores e constátase que ningunha provincia, nin Galicia no seu conxunto, conseguen unha valoración superior á obtida para o conxunto de España. A valoración que fan da economía os colexiados de Pontevedra e A Coruña logra terminar o 2017, por encima da media de Galicia, con puntuacións de 5,7 sobre 10.

O paro: principal problema

Para os profesionais, o paro continúa sendo o problema máis importante (69 %) e rexistra lixeiras diferenzas segundo a provincia de residencia de cada enquisado cunha maior incidencia para os que habitan en Pontevedra (76 %) e A Coruña (75 %). 

As medidas que reclaman como urxentes para fomentar o emprego non variaron con respecto a barómetros anteriores. Os profesionais manteñen a súa opinión e cren oportuno mellorar o sistema educativo coa máis alta valoración (8,7 sobre 10), seguido da captación de investimento estranxeiro (8,1 sobre 10), a creación de novos nichos de emprego (8 sobre 10) e a reactivación do sector agrario (7,2 sobre 10). Os entrevistados máis novos reclaman cunha especial incidencia “incrementar o emprego público”, e “reactivar o sector agrario”.

Outros dos problemas que destaca é o “déficit de infraestruturas e comunicacións”, especialmente perentoria para os enquisados de Ourense (57 %) e A Coruña (56 %).

Tres de catro profesionais considera que detrás do paro xuvenil existe un desaxuste entre o sistema educativo e a industria galega

O último bloque do estudo recolle a opinión dos enquisados sobre tres temas de actualidade. Nesta ocasión púxose en cuestión o paro xuvenil e a falta de traballadores cualificados na industria, o sistema de pensións e o mercado inmobiliario.

O 76 % dos enquisados afirma que o paro xuvenil e a falta de traballadores cualificados no sector industrial son ocasionados polo “desaxuste entre o sistema educativo e a industria galega que require cambios estruturais”. Esta opinión é maioritaria entre os colexiados de Lugo (87, 5 %) e Pontevedra (78 %).

Con respecto ao mercado inmobiliario, o 68 % dos economistas considera que a recuperación do ladrillo é “moi tímida, case inexistente”, mentres que o 21 % cre que “é unha realidade con forza”.


Imaxe da presentación

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade