USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 3.46Mb

Enquisas
Que accións formativas interésanche máis?

17/09/12 - (177 respostas)

ResultadosResultados

Outras enquisasEnquisas anteriores

01

02

03

04

05

06

07

08

09

10

11

12

13

14

15

16

17

18_Adriano López Burgos _4anos

19_Marta Rei González _7anos

20_Alicia Campos Manteiga_10anos

O Colexio premia os dotes artísticos do Nadal dos máis pequenos

22/12/2017

Nova: O Colexio premia os dotes artísticos do Nadal dos máis pequenos

Foi unha velada moi especial na que, por un día, nas aulas do Colexio non se falou de fiscalidade, nin de auditoría. Nin sequera de economía. Moi ao contrario, as risas e as caras de felicidade dos nenos participantes no Concurso infantil de Postais do Nadal, organizado polo Colexio, foron as únicas protagonistas.

Na festa, celebrada o pasado día 21 de decembro na sede colexial, premiouse a todos os participantes cun diploma e un pequeno obsequio para que sigan perfeccionando as súas notables habilidades artísticas, mentres que ao tres gañadores de cada categoría premióuselles cun diploma e un agasallo cedido polo Corte Inglés. Así mesmo, a tenda de agasallos doces Parada Doce repartiu  chuches a todos os nenos asistentes.

Para amenizar a velada, contamos ademais coa actuación especial do Mago Edu, que fixo as delicias de pequenos e maiores, arrincando aplausos e miradas de asombro por igual ante a súa maxia.

Os gañadores nas diferentes categorías, foron:

·         Categoría A (ata 4 anos): Adriano López Burgos

·         Categoría B (de 5 a 8 anos): Marta Rei González 

·         Categoría C (de 9 a 12 anos): Alicia Campos Manteiga

Finalmente, a postal de Alicia foi a elixida como felicitación do Nadal institucional do Colexio para estas festas.

Ao final do acto, todos os presentes compartiron un viño nas propias instalacións do Colexio. 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade