USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.51Mb

Enquisas
Que accións formativas interésanche máis?

17/09/12 - (165 respostas)

ResultadosResultados

Outras enquisasEnquisas anteriores

O 27 de decembro celebraremos a Xunta Xeral máis solidaria

04/12/2017

Nova: O 27 de decembro celebraremos a Xunta Xeral máis solidaria

O próximo día 27 de decembro, mércores, celebraremos na sede colexial a Xunta Xeral Ordinaria nunha xornada na que todo o protagonismo será para o ánimo solidario de todos os colexiados e colexiadas que nos acompañedes, pois queremos aproveitar a convocatoria para realizar unha recollida de alimentos.

Deste xeito, desde o Colexio, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña, pomos en marcha unha Campaña Solidaria para a recollida de alimentos destinada aos colectivos en risco de exclusión social da nosa cidade: grupos familiares con nenos e/ou anciáns ao seu cargo, diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, persoas incapacitadas para o traballo ou incursas en toxicomanía ou SIDA, menores en situación de desamparo, mulleres maltratadas, minorías étnicas, inmigrantes, etc.

Animámosvos pois a achegar o voso granito de area acudindo o día 27 á Xunta Xeral  con algún produto non perecedoiro co que mostrar o noso perfil máis solidario. Desde o propio Banco de Alimentos indícannos que os alimentos que adoitan ter máis demanda son: aceite, leite, café, cacao, conservas de peixe, conservas vexetais, feixóns, lentellas, garavanzos, azucre, salsa de tomate e leite de continuación de neno.


Premio á iniciativa emprendedora

Ademais, redondearemos a xornada coa entrega de premios da sétima edición do Premio Ideas, iniciativa convocada pola Fundación Unha Galicia Moderna dirixida impulsar o desenvolvemento da economía, así como, fomentar o autoemprego para mozos licenciados de todas as titulacións.

Deste xeito, o Colexio a través da Fundación reitera unha vez máis o seu compromiso co ámbito emprendedor, premiando e recoñecendo iniciativas que xeren emprego e riqueza no noso ámbito máis próximo. Basta recodar que en edicións anteriores resultaron premiados proxectos que actualmente son empresas consolidadas e recoñecidas, como Galchimia, Nanogap, QubioTech ou eMonte.  


Brinde polo 2018

En definitiva, aproveitando a Xunta Xeral ordinaria –cuxa convocatoria recibiredes por correo postal- celebraremos unha xornada cun marcado carácter solidario na que ademais teremos a ocasión de gozar, á súa conclusión, dun viño co que compartir un momento de lecer cos compañeiros de profesión e para brindar así mesmo por un próspero ano 2018.

 

¡¡¡ESPERÁMOSVOS!!!

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade