USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Programas superiores

Ademais da formación de reciclaxe e actualización que se imparte de forma permanente, o Colexio de Economistas convoca anualmente dous Programas de formación superior en Auditoría de Contas e Fiscalidade.

O Curso de Especialización en Auditoría de Contas, dirixido a licenciados en Económicas, Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, e profesionais con experiencia, non só permite cumprir coa fase teórica obrigatoria para exercer a profesión de auditoría, senón que a súa orientación práctica e a directa aplicabilidade dos coñecementos non só á área de auditoría, senón financeira e contable, convérteno nun activo para a consolidación profesional, e tamén para o acceso ao mercado laboral, o que vén referendado pola alta demanda que  firmas e despachos fan da bolsa de traballo deste Curso.

[Máis Información]

 

Pola súa banda, o Master en Fiscalidade e Tributación, homologado polo Rexistro de Economistas Asesores Fiscais (REAF) ten como finalidade profundar no coñecemento do sistema tributario, mediante unha visión integral e estruturada do mesmo e conta como elemento diferenciador o seu carácter práctico e a súa orientación cara a un alumno que busca profundar e consolidar os seus coñecementos nesta área. O seu programa, cun total de 300 horas lectivas, abarca a totalidade dos Tributos de ámbito estatal e autonómico, Lei Xeral Tributaria e Procedementos Tributarios e complétase cun módulo introductorio de Contabilidade, coa finalidade de reforzar os coñecementos contables necesarios para a adecuada comprensión dos diversos aspectos tributarios que teñen unha relación directa coa materia contable.

[Máis Información]

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade