USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Aspectos máis significativos da modificación do Plan Xeral Contable

Lugar de celebración: A Coruña
Preinscrición:
23/03/2021-23/03/2021
Matrícula:
23/03/2021-23/03/2021
Celebración:
23/03/2021-23/03/2021
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Online | 23 de marzo de 2021 - 16:00 a 18:30 horas.

 

Con aplicación para os exercicios que se inicien desde o 1 de xaneiro de 2021, entrou en vigor o Real Decreto 1/2021, de 12 de xaneiro, polo que se modifican o Plan Xeral de Contabilidade, o Plan Xeral de Contabilidade de Pequenas e Medianas Empresas, as Normas para a Formulación de Contas Anuais Consolidadas e as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos.
 
Basicamente a finalidade desta modificación contable obedece á necesaria adaptación a normativa interna da NIIF-UE 9, sobre instrumentos financeiros, e da NIIF-UE 15, sobre recoñecemento de ingresos.
 
Neste webinar analizaranse os aspectos máis importantes e novos que supón a aplicación do novo Real Decreto e como afectan o ámbito profesional e empresarial.

 

WEBINAR GRATUÍTO

Colexiados, membros REA, EC e REC

 

PROGRAMA

Presentación

  • José Canalejas Couceiro. Membro da Xunta de Goberno do Colexio de Economistas da Coruña. Vogal do Consello Directivo de EC-CGE. 

Contido

  1. Introdución. PGC e novas NIIF.
  2. RD polo que se modifica o PGC e PGC para Pemes, as normas para a formulación de Contas Anuais Consolidadas e Normas de Adaptación do PGC ás entidades sen fins lucrativos.
  3. Resolución do ICAC sobre normas de rexistro, valoración e elaboración das contas anuais para o recoñecemento de ingresos pola entrega de bens e a prestación de servizos.

  • Francisco Graza Herréiz. Presidente do Rexistro Especializado de Economistas Contables do CGE (EC) e do Rexistro de Expertos Contables (REC).
  • Francisco Javier Martínez García. Catedrático de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Cantabria. Vicepresidente de EC-CGE e Vogal do Consello Directivo do REC
  • Esther Ortiz Martínez. Profesora do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Murcia. Membro Grupo de traballo da EFAA “Accounting Expert Group”. Membro Consello Directivo do Rexistro Especializado de Economistas Contables do CGE (EC-CGE). Membro do membro do grupo técnico do European Financial Reporting Advisory Group (EFRAG).

Conclusións

  • Salvador Marín Hernández. Presidente European Federation of Accountants and Auditors for SMES (EFAA for SMEs).   Director da Cátedra de EC-CGE.

Homologación

Auditores: 2,5 horas en contabilidade.
REC: 2,5 horas.


Data, horario e desenvolvemento do curso

Mércores, 23 de marzo, de 16:00 a 18:30 horas..

O curso desenvolverase por videoconferencia en directo permitindo a interacción e as preguntas dos asistentes. Con antelación enviaranse as instrucións e a ligazón de conexión (non será necesaria a instalación de ningunha aplicación).


Matrícula


Gratuíta para colexiados, membros REA, EC e REC

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade