18/04/13 - (479 respostas)
18/04/13 - (479 respostas)
Lugar de celebración: A Coruña, ONLINE | |||
![]() |
Preinscrición: 03/02/2021-03/02/2021 |
Matrícula: 03/02/2021-03/02/2021 |
Celebración: 03/02/2021-04/02/2021 |
![]() |
Formación: |
Áreas de formación: |
Acceso: Aberto. Inscrición previa. |
Os próximos días 3 e 4 de febreiro celebrarase a IX edición das Xornadas Técnicas de Fiscalidade e Contabilidade.
Un ano máis acudimos á nosa cita cos profesionais do ámbito tributario e contable, nesta ocasión en formato online dadas as circunstancias que estamos a vivir.
Reducimos a duración do programa –un total de seis sesións impartidas en dúas xornadas de tarde- para facer máis fácil e levadía a participación dos asistentes, mantendo a nosa aposta pola calidade do seu contido e dos relatores que nos acompañarán.
Abordaremos desde as novidades tributarias para o presente 2021 ou os plans de actuación máis inmediatos da AEAT, ata cuestións máis puntuais como os aspectos máis significativos nos procedementos de inspección do ISD, a exención sobre dividendos ou as novidades motivadas polo Brexit no comercio internacional e IVE e o tratamento fiscal das vendas a distancia, exponencialmente incrementadas como consecuencia da pandemia. Como non podía ser doutra maneira, reservamos tamén un espazo para tratar sobre a recentemente aprobada reforma do PGC e sobre os seus efectos fiscais.
Contaremos para iso con expertos da talla de Jesús Gascón (Director da AEAT), Luís do Amo (REAF), Juan Mosquera (ATRIGA), Enrique Ortega (Gómez-Acivro & Pombo), Javier Sánchez Gallardo (Tribunal Económico-Administrativo Central) e Ignacio Ucelay (Baker McKenzie).
En definitiva, unha nova edición deseñada a medida das necesidades formativas dos profesionais e adaptada ás circunstancias do momento.
- Homologación REA: 1,25 horas en contabilidade e 4,75 horas noutras materias.
- Homologación REC: 6 horas.
© 2007 Colexio da Coruña
C/ Caballeros, 29 - 1º, 15009 A Coruña
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154325 | Fax: 981 154323 | colegio@economistascoruna.org