Actualización contable: últimas consultas do ICAC e outra normativa contable recente
Lugar de celebración: A Coruña, Online |
 |
Preinscrición:
18/02/2021-18/02/2021
|
Matrícula:
18/02/2021-18/02/2021
|
Celebración:
18/02/2021-18/02/2021
|
 |
Formación:
|
Áreas de formación:
|
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.
|
Online | 18 de febreiro 2021 - 09:30 a 13:30 horas
Nos últimos Boletíns Oficiais do Instituto de Contabilidade e Auditoría publicáronse diferentes consultas, unhas sobre complexas operacións empresariais de actualidade, e outras que buscan achegar luz sobre as interpretacións que afloran coa aplicación práctica da normativa contable resultante do PGC vixente. As prioridades do día a día non facilitan o seguimento e a análise das implicacións da normativa contable aprobada e doutros pronunciamentos do ICAC máis recentes, nin tampouco unha sosegada reflexión sobre cuestións de certa complexidade que presenta a realidade empresarial. Igualmente, coa modificación prevista do PGC para o exercicio 2021, resulta necesario indagar nas principais modificacións e as súas implicacións.
Co obxectivo de analizar e aclarar os pronunciamentos últimos do ICAC, organízase esta sesión para facilitar a resolución de problemas nas empresas clientes, e simultaneamente pór ao día aos equipos profesionais dos despachos para afrontar o peche do exercicio 2020.
A sesión formativa creará un marco idóneo para a análise, o debate e a interpretación práctica dos últimos criterios evacuados polo ICAC en cuestións recentes, entre outras, como as que se recollen no programa.
Relator
Juan Luís Domínguez
Economista. Auditor de contas.
Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona
Programa
- Situacións nas que o dividendo percibido non é ingreso, senón que minora o custo do investimento
- Escisión parcial intragrupo con creación dunha nova sociedade
- Achega non dineraria de negocio desde unha sociedade estranxeira.
- Contabilización da achega monetaria recibida dun provedor para favorecer a comercialización.
- Subvencións recibidas e cifra de negocio
- Sobre se deben realizarse axustes ao peche do exercicio polas consecuencias derivadas do estado de alarma para a xestión do COVID-19 e a posible non aplicación do principio de empresa en funcionamento.
- Efectos da crise sanitaria no proceso de formulación, verificación e aprobación das contas anuais.
- A contabilización dos ERTE's
- Análise das áreas contables máis afectadas pola pandemia.
- A clasificación en corrente ou non corrente dun préstamo.
- A capitalización de gastos financeiros por unha sociedade que xestiona rendas vitalicias.
- Sobre a repartición dun dividendo entre empresas do grupo despois de sucesivos trocos de valores.
- A catalogación contable dun contrato de arrendamento e posibles modificacións posteriores.
- Doazón dun socio a unha sociedade limitada profesional
- Rexistro contable do pago de certos dividendos
- Compra de empresa que non é negocio
- Aclaracións sobre as achegas de socios (conta 118)
- Imputación de subvencións vinculadas a investimentos financeiros
- O rexistro de certas subvencións, doazóns e legados recibidos.
- Vendas dunhas parcelas: existencia ou investimentos inmobiliarios
- Comisións abonadas a profesionais que intermedian nun arrendamento operativo.
- Adquisición de mercadorías en moeda estranxeira.
- Honorarios abonados a asesores legais ou outros profesionais que interveñen na adquisición dunha carteira de accións.
- Transmisión dun negocio a unha sociedade limitada unipersonal coa finalidade de seguir desenvolvendo a mesma actividade que viña exercendo unha persoa física.
- Breve comentario doutras novidades contables: entre outras, operacións societarias habituais en pemes RICAC 2019 e a modificación do PGC para 2021 (Instrumentos financeiros e o recoñecemento dos Ingresos).
Homologación
Auditores: 2 horas en contabilidade e 2 horas en auditoría
REC: 4 horas
Data, horario e desenvolvemento do curso
Xoves, 18 de febreiro. 4 horas en horario de 09:30 a 13:30 horas.
O curso desenvolverase por videoconferencia en directo permitindo a interacción e as preguntas dos asistentes. Con antelación enviaranse as instrucións e a ligazón de conexión (non será necesaria a instalación de ningunha aplicación).
Matrícula
Colexiados e persoal dos seus despachos: 75 euros.
Outros participantes: 110 euros.
Descontos (non acumulables):
- 10% segunda e sucesivas matrículas.
- 20% membros REA, EC e persoal dos seus despachos.
- 50% desempregados.