USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Peche fiscal e contable do exercicio 2020

Lugar de celebración: A Coruña, Online
Preinscrición:
25/11/2020-25/11/2020
Matrícula:
25/11/2020-25/11/2020
Celebración:
25/11/2020-26/11/2020
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidade, Fiscal
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Online | 25 e 26 de novembro 2020 - 17:00 a 19:00h. 

[Inscrición]

Como todos os anos, o Colexio organiza este curso co obxectivo de revisar as principais cuestións que afectarán o peche do exercicio en curso no ámbito fiscal e contable, tendo en conta especialmente as modificacións que en ambos os ámbitos son de aplicación en función dos pronunciamentos do ICAC e das modificacións na normativa contable e fiscal que entraron en vigor neste ano.

Nesta ocasión, debido á complexa e extraordinaria situación que vivimos analizaremos tamén todas os parámetros que debemos considerar e avaliar como consecuencia da complexa situación derivada da crise sanitaria que vivimos (situación que tamén motiva a celebración do curso en formato webinar).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Relator


Marceliano Hernández do Canto

Avogado. Socio de Caballero-Velázquez Avogados. Foi docente da Escola de Facenda Pública e do Máster de Asesoría Xurídica de Empresas de ICADE. 

 

Programa


Revisión dos principais aspectos fiscais a ter en conta para abordar o peche do exercicio 2020, tanto os contidos no LIS (Lei 27/2014), como os aplicables a partir do 1-1-2020. Entre eles:

  • Análise das principais diferenzas entre o resultado contable e fiscal.
  • Tratamento das amortizacións no exercicio 2020.
  • Criterios de imputación temporal.
  • Tratamento das correccións por deterioración dos activos.
  • Identificación dos principais gastos non deducibles, con especial atención aos novos conceptos introducidos pola nova Lei do IS.
  • Revisión dos criterios de valoración por operacións específicas que determinan axustes ao resultado contable.
  • Análise do novo tratamento da dobre imposición: o método de exención e a súa aplicación no exercicio 2020.
  • Aspectos esenciais das reducións da base impoñible pola utilización dos novos mecanismos introducidos polo novo LIS: reserva de capitalización e reserva de nivelación.
  • Repaso das deducións e bonificacións aplicables en 2020 que permiten a redución do tipo efectivo.
  • Revisión dos aspectos fundamentais do réxime aplicable ás empresas de reducida dimensión, e breve reseña das novidades que afectan as operacións de reestruturación e grupos consolidados.
  • Fixación dos últimos criterios administrativos (consultas da DXT) respecto de distintas cuestións que afectan o peche: dedución de gastos financeiros e intereses de demora, identificación da actividade económica, etc. 

 

 

Duración e homologación


4 horas lectivas.


- Homologación auditores: 2 horas en contabilidade e 2 horas noutras materias.
- Homologación REC: 4 horas para mantemento acreditación e acceso por méritos.

 

Datas, horario e desenvolvemento do curso



Mércores 25 e xoves 26 de novembro. 4 horas en dúas sesións de 17:00 a 19:00 horas.

O curso desenvolverase por videoconferencia en directo permitindo a interacción e as preguntas dos asistentes. Con antelación remitiranse as instrucións de conexión (non será necesaria a instalación de ningunha aplicación).

 

Matrícula


- Colexiados e persoal dos seus despachos: 60 euros.
- Outros participantes: 95 euros.
 
Descontos:

- 10% segunda e sucesivas matrículas.

- 50% desempregados.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade