USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Asesoría Fiscal, Laboral e Contable

Lugar de celebración: A Coruña
Preinscrición:
02/11/2020-02/11/2020
Matrícula:
02/11/2020-02/11/2020
Celebración:
02/11/2020-04/12/2020
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Cursos E-Learning con sesións virtuais

(do 2 de novembro ao 4 de decembro de 2020)

 

Os cursos, cunha metodoloxía fundamentalmente práctica, abarcan os alicerces básicos da Asesoría Fiscal, Laboral e Contable. Coa realización dos cursos adquirirás as habilidades necesarias para afrontar os trámites administrativos que leva a xestión dun negocio. 

Obxectivos:

Tomando como punto de referencia a orientación práctica que se persegue, o obxectivo é facilitar as ferramentas e coñecementos para a xestión das obrigacións fiscais, laborais e contables dunha empresa.

Metodoloxía:

As clases desenvólvense en grupos reducidos e combina ensinos teóricos coa resolución de casos prácticos. 

As sesións presenciais ás que tamén se poden acceder a través de Zoom desenvolveranse un día á semana (3 horas/sesión). Ademais, gravaranse e poranse  a disposición dos alumnos para o seu posterior visionado (a asistencia ás devanditas sesións aínda que non é imprescindible resultan de gran utilidade no proceso de ensino-aprendizaxe).

Cada un dos cursos forma parte dun curso máis amplo.

Expedirase diploma acreditativo por cada curso (requírese superar as probas propostas). Se o alumno, nesta, ou outras edicións, completa todos os cursos expedirase diploma acreditativo en Asesoría “ Fiscal, Laboral e Contable”. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Material e recursos didácticos:

·        Guía didáctica

·        Acceso á plataforma e-learning (Moodle)

·        Documentación explicativa (contidos teóricos, lexislación, etc.)

·        Documentación práctica

·        Acceso a programas informáticos A3Software (A3CON/ECO, A3NOM)

·        Manuais de uso das ferramentas informáticas de A3Sotware

·        Acceso a Vídeos formativos das ferramentas informáticas de A3Sotware

·        Acceso a ferramenta informática para as sesións virtuais

·        Asesoramento posterior á conclusión do curso

·        Guía de uso da plataforma 

Dirixido a:

·        Economistas e Titulados Mercantís

·        Estudantes de Economía, A.D.E., Dereito, …

·        Persoas en procura de emprego

·        Persoas que dispoñen de pouco tempo aos que non lles motivan os cursos teóricos

·        Pequenas e medianas empresas

·        Administrativos

·        Avogados

·        Graduados sociais

·        Xestores administrativos

Profesor:

Óscar Rei Igrexas

Consultor Empresarial. Máster Trainer.

Licenciado en Economía e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa formación completouse con diversos cursos de posgrao como, Experto Economista Forense pola Universidade de Santiago de Compostela, Técnico Superior de Comercio Exterior polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX). 

A súa experiencia docente abarca diferentes institucións. Aválanlle anos de experiencia docente nesta temática e máis de 300 cursos impartidos cunha duración aproximada total de 15.000 horas lectivas.

Matrículas:

O prazo de matrícula abrirase o 1 de setembro.

 

 

 

 

 

 

 

 

Presentación:

Celebrarase un acto de presentación dos cursos na sede do Colexio (C/ Cabaleiros, 29-1º izq.), o mércores 21 de outubro ás 20:00 horas. ao devandito acto tamén de pode acceder a través de Zoom.. 

Datas e horario:

En relación coas sesións presenciais está previsto que se celebren en horario de 18:00 a 21:00 horas.

·        Contabilidade: martes 10, 17 e 24 de novembro e 1 de decembro

·        Laboral: mércores, 11, 18 e 25 de novembro e 2 de decembro

·        IRPF: xoves 12 e 19 de novembro

·        Sociedades: xoves 26 de novembro

·        IVE: xoves 3 de decembro

Máis información:

Durante o mes de agosto, polas mañás, chamando ao teléfono 609 338 306 (Óscar Rei) ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección: oscar.rey@ciees.es

Documentos

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade