USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Planificación financeira: xestión de orzamentos e tesouraría, negociación bancaria

Lugar de celebración: A Coruña, Online
Preinscrición:
16/09/2020-16/09/2020
Matrícula:
16/09/2020-16/09/2020
Celebración:
16/09/2020-17/09/2020
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Online | 16 e 17 de setembro - 16:30 a 19:30 horas

[INSCRICIÓN]

 

No desenvolvemento deste webinar analizaremos os aspectos máis importantes e que máis impacto teñen na xestión empresarial e os resultados da empresa, tomando como base a planificación financeira e as ferramentas que esta manexa: planificación, presupuestación, realización dun orzamento de tesouraría, xestión de cobro, negociación bancaria e establecemento de políticas financeiras.

 

Relator


David López Rivera

Director Financeiro Corporativo en Overlap e Profesor Asociado en Universidade de Alcalá de Henares


Programa

 

  • Planificación e presupuestación financeira.
    • Pautas á hora de planificar/orzar.
    • Orzamento de capital.
    • Orzamento de tesouraría.
  • Xestión de Tesouraría.
    • Xestión de excedentes: descontos por pronto pago, produtos de investimento.
    • Xestión de déficits: accións correctoras, pólizas de crédito.
  • Negociación Bancaria
    • Condicións da relación banco-empresa.
    • Ciclo da relación bancaria: previsión de necesidades, selección de entidades de negociación de condicións, seguimento e control, valoración das relacións bancarias.

Homologación

 

- Auditores: 4 horas noutras materias
- REC: 6 horas


Importante (auditores e expertos contables): de acordo coa normativa vixente, os participantes deberán superar unha proba de seguimento da sesión para que a actividade resulte computable a efectos da formación continuada obrigatoria de auditores e expertos contables. A proba realizarase a través da plataforma ECE, de acordo coas instrucións que serán facilitadas no seu momento.
O resto de asistentes non é necesario que realicen a proba para obter a súa certificación de asistencia.


Datas, horario e desenvolvemento do curso


Mércores 16 e xoves 17 de setembro. 6 horas en dúas sesións de 16:30 a 19:30 horas.

O curso desenvolverase por videoconferencia en directo permitindo a interacción e as preguntas dos asistentes. Unha vez confirmada a inscrición enviaranse as instrucións de conexión (non será necesaria a instalación de ningunha aplicación).


Matrícula


Colexiados e persoal dos seus despachos: 110 euros.
Outros participantes: 180 euros.
 
Descontos (non acumulables):

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 20% de Membros REA, EC, e persoal dos seus despachos.
  • 50% desempregados.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade