USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Actualización contable: últimas consultas do ICAC e outra normativa de interese

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
30/03/2020-30/03/2020
Matrícula:
30/03/2020-30/03/2020
Celebración:
31/03/2020-31/03/2020
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 31 de marzo de 2020

[INSCRICIÓN]

 

Nos últimos Boletíns Oficiais do Instituto de Contabilidade e Auditoría publicáronse diferentes consultas, unhas sobre complexas operacións empresariais de actualidade, e outras que buscan achegar luz sobre as interpretacións que afloran coa aplicación práctica da normativa contable resultante do PGC vixente. As prioridades do día a día non facilitan o seguimento e a análise das implicacións da normativa contable aprobada e doutros pronunciamentos do ICAC máis recentes, nin tampouco unha sosegada reflexión sobre cuestións de certa complexidade que presenta a realidade empresarial.

 

Co obxectivo de analizar e aclarar os pronunciamentos últimos do ICAC e outra normativa contable recente, organízase esta XORNADA, para facilitar a resolución de problemas nas empresas clientes, e simultaneamente pór ao día aos equipos profesionais dos despachos.
 
A Xornada desenvolverase de maneira participativa, dinámica e moi práctica. A presenza de auditores, economistas, contables, asesores fiscais,…, profesionais implicados diariamente na xestión empresarial, creará un marco idóneo para a análise, o debate e a interpretación práctica dos últimos criterios evacuados polo ICAC en cuestións recentes como, entre outras, as que seguen:


Programa

  • Compra de empresa que non é negocio
  • Aclaracións sobre as achegas de socios (conta 118)
  • Imputación de subvencións vinculadas a investimentos financeiros
  • A posibilidade de asinar os informes de auditoría de contas mediante firma electrónica.
  • Sobre a obrigación de publicar o informe de transparencia polos auditores de EIP
  • A aplicación da normativa reguladora da protección de datos persoais no ámbito dun traballo de auditoría de contas.
  • O rexistro de certas subvencións, doazóns e legados recibidos.
  • Efecto impositivo da “reserva de capitalización”.
  • Facultade de empregar modelos abreviadas polas filiais dun grupo cuxa matriz non deposita contas anuais consolidadas no Rexistro.
  • Vendas dunhas parcelas: existencia ou investimentos inmobiliarios
  • Comisións abonadas a profesionais que intermedian nun arrendamento operativo.
  • Actuación do auditor ante un informe de xestión formulado de maneira voluntaria.
  • Tratamento contable do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) nas doazóns de inmobilizado.  
  • Adquisición de mercadorías en moeda estranxeira.
  • Honorarios abonados a asesores legais ou outros profesionais que interveñen na adquisición dunha carteira de accións.
  • Compromiso en firme para a adquisición de existencias.
  • Sociedades do grupo no sentido do art. 42 do Código de Comercio.
  • Auditoria legal de EIP: aclaracións.
  • Ámbito de aplicación da obrigación de publicar o estado de información non financeira. Auditoria e a súa verificación posterior.
  • Tratamento contable dunha “provisión para rehabilitación de inmobilizado”.
  • Contraprestación variable en virtude dun pacto que depende da efectiva tributación da empresa.
  • Vida útil e vida económica do inmobilizado material.
  • Custos de venda dun activo arrendado. Indemnizacións abonadas a persoas físicas por extinción de contratos de arrendamentos rústicos históricos.
  • Transmisión dun negocio a unha sociedade limitada unipersonal coa finalidade de seguir desenvolvendo a mesma actividade que viña exercendo unha persoa física.
  • Valoración de residuos.
  • Subvención recibida para financiar a adquisición de chan e criterio a seguir para amortizar os investimentos inmobiliarios.
  • Adquisición de elementos do inmobilizado entregando como pago parcial outros elementos da mesma natureza.  
  • Dividendo recibido cando se realizaron investimentos sucesivos.

  - Breve comentario de próximos cambios contables:

  • Operacións societarias en pemes.
  • Instrumentos Financeiros,
  • Recoñecemento de ingresos ordinarios.
  • Arrendamentos.

Relator 


Juan Luís Domínguez
Economista. Auditor de contas.
Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona


Homologación 


Auditores: 4 horas en contabilidade
REC: 4 horas 


Data e horario


Martes 31 de marzo de 2020
09:30 - 13:30  horas


Lugar


Colexio de Economistas       
C/ Cabaleiros, 29-1º. 15009 A Coruña


Matrícula


Xunto con este curso organizouse (en horario de tarde e co mesmo relator) o curso "Fusiones, escisións, achegas non dinerarias, combinacións de negocios".

A inscrición pode realizarse de modo independente ao curso do seu interese ou ben á xornada completa.

Matrícula Actualización contable  Fusións, escisións, ...  Xornada completa
Colexiados e persoal dos seus despachos: 80,00 € 80,00 € 130,00 €
Outros participantes:   130,00 € 130,00 € 210,00 €


Descontos (non acumulables):

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 20% membros REA, EC e persoal dos seus despachos.
  • 50% desempregados.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade