USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Proxecto de Resolución do ICAC sobre recoñecemento de ingresos

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
22/01/2020-22/01/2020
Matrícula:
22/01/2020-22/01/2020
Celebración:
22/01/2020-22/01/2020
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 22 de xaneiro 2020

[INSCRICIÓN]

 

O obxectivo deste curso é debullar o contido do Proxecto de Resolución do ICAC sobre recoñecemento de ingresos e como deberá aplicarse o cambio conceptual que supón a sistematización de determinadas circunstancias existentes no momento da venda, que ata agora non estaban contemplada na normativa contable.

Relator

María Dores Urrea Sandoval
Subdirectora Xeral Adxunta de Normalización e Técnica Contable do ICAC. 
Secretaria do Comité Consultivo de Contabilidade. 


Programa

Recoñecemento de ingresos: 

  • Identificación do contrato. Combinación e modificación do contrato.
  • Identificación das obrigacións a cumprir. Bens ou servizos distintos.Criterios de cumprimento da obrigación. 
  • Determinación do prezo da transacción. Contraprestación variable. Compoñente financeiro. 
  • Asignación do prezo. Asignación dun desconto e dunha contraprestación variable. Cambios no prezo.   


Casos particulares: custos incrementales e derivados do cumprimento dun contrato. Vendas con dereito a devolución. Garantías entregadas. Actuación por conta propia e por conta allea. Opcións do cliente sobre bens e servizos adicionais. Acordos de cesión de licenzas, de recompra e de depósito.

Normas de elaboración das contas anuais.

Data e horario

Mércores, 22 de xaneiro 2020
09:30 - 14:30 horas


Homologación

Auditores: 5 horas en contabilidade.
REC: 5 horas para mantemento acreditación ou acceso por méritos.


Lugar

Colexio de Economistas      
C/ Cabaleiros, 29-1º.15009 A Coruña


Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 100 euros.
Outros participantes: 160 euros.
 
Descontos (non acumulables):

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 20% membros REA, EC e persoal dos seus despachos.
  • 50% desempregados.

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade