USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

SILICIE: Sistema de reporter on-line dos Impostos Especiais

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
12/12/2019-12/12/2019
Matrícula:
12/12/2019-12/12/2019
Celebración:
12/12/2019-12/12/2019
Formación:
Áreas de formación:
Fiscal
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 12 de decembro 2019

[INSCRICIÓN]

Proxecto SILICIE (Subministración Inmediata de Libros Contables de Impostos Especiais) é o sistema de llevanza da contabilidade dos produtos obxecto dos Impostos Especiais, de acordo co establecido no artigo 50 do Regulamento dos Impostos Especiais.
 
Desde o 1 de xaneiro de 2020,  a Axencia Tributaria implanta este novo sistema de forma obrigatoria.

Todo iso leva unha serie de Implicacións para a empresa, como son: 

  • A llevanza da contabilidade dos Impostos Especiais realizarase a través da Sede electrónica da AEAT, mediante a subministración electrónica dos asentos contables.
  • Defínese o contido dos asentos contables a fornecer, así como os procedementos, prazos e forma de presentación.
  • Redúcense declaracións informativas: non serán esixibles as declaracións de operacións cando a contabilidade de impostos especiais leva en sede electrónica da AEAT.

Doutra banda, estarán obrigados á llevanza da contabilidade dos Impostos Especiais a través da Sede electrónica da AEAT os titulares de establecementos como fábricas, depósitos fiscais, almacéns fiscais, depósitos de recepción e fábricas de vinagre.
 
Este curso, pola temática específica, está especialmente orientado a empresarios, asesores fiscais e de empresa, avogados, xestores administrativos e, en xeral, a calquera persoa vinculada a empresas e entidades cuxa actividade se centra en produtos obxecto dos Impostos Especiais.


Relatores

Alberto López Gómez
Socio de AJ Internacional Asesores Xurídicos Tributarios


Ignacio Riestra Prendes
Inspector de Facenda do Estado. Dependencia Rexional de Aduanas e Impostos Especiais de Galicia


Programa

  1. Impostos Especiais. Obrigacións Formais.
  2. O SILICIE. Aspectos Xerais da xestión online dos libros contables de IIEE.
  3. Aspectos Xurídicos dos novos Libros.
  4. Visión informática do SILICIE.
  5. Interconexión entre o SILICIE, o SII e outras fontes de información tributaria.
  6. Quenda de preguntas.

Data e horario

Xoves, 12 de decembro de 2019
16:00 - 19:00 horas


Homologación

Auditores: 3 horas noutras materias.
REC: 3 horas para mantemento acreditación e acceso por méritos.
Cómputo listas TAP: 3 horas para as listas de peritos e de administradores concursais (en materias afíns).


Lugar

Colexio de Economistas      
C/ Cabaleiros, 29-1º.15009 A Coruña


Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 60 euros.
Outros participantes: 100 euros.
 
Descontos:

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 50% desempregados.

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade