USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Peche fiscal e contable 2019

Lugar de celebración: A Coruña
Preinscrición:
02/12/2019-02/12/2019
Matrícula:
02/12/2019-02/12/2019
Celebración:
02/12/2019-03/12/2019
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña | 2 de decembro 2019
Santiago de Compostela | 3 de decembro 2019

[Inscrición na Coruña]

[Inscrición en Santiago]

O  obxectivo deste curso é revisar as principais cuestións que afectarán o peche do exercicio  2019  no ámbito contable e fiscal, tendo en conta especialmente as modificacións que en ambos os ámbitos son de aplicación en función dos pronunciamentos do ICAC e das modificacións  na normativa contable e fiscal que entraron en vigor neste ano.

O mesmo curso impartirase na Coruña e Santiago de Compostela, os días 2 e 3 de decembro respectivamente.

Relator

Marceliano Hernández do Canto

Avogado. Socio de Caballero-Velázquez Avogados. Foi docente da Escola de Facenda Pública e do Máster de Asesoría Xurídica de Empresas de ICADE 

Programa

Análise das principais cuestións que afectan o tratamento contable do resultado do exercicio, con revisión dos últimos pronunciamentos sobre a materia emitidos polo ICAC.
 
Revisión dos principais aspectos fiscais a ter en conta para abordar o peche do exercicio 2018, tanto os contidos no novo LIS (Lei 27/2014), como os aplicables a partir do 1-1-2019. Entre eles: 

  • Análise das principais diferenzas entre o resultado contable e fiscal.
  • Tratamento das amortizacións no exercicio 2019.
  • Criterios de imputación temporal.
  • Tratamento das correccións por deterioración dos activos.
  • Identificación dos principais gastos non deducibles, con especial atención aos novos conceptos introducidos pola nova Lei do IS.
  • Revisión dos criterios de valoración por operacións específicas que determinan axustes ao resultado contable.
  • Análise do novo tratamento da dobre imposición: o método de exención e a súa aplicación no exercicio 2019.
  • Aspectos esenciais das reducións da base impoñible pola utilización dos novos mecanismos introducidos polo novo LIS: reserva de capitalización e reserva de nivelación.
  • Repaso das deducións e bonificacións aplicables en 2019 que permiten a redución do tipo efectivo.
  • Revisión dos aspectos fundamentais do réxime aplicable ás empresas de reducida dimensión, e breve reseña das novidades que afectan as operacións de reestruturación e grupos consolidados.  
  • Análise dalgunhas actuacións concretas levadas a cabo polos órganos de xestión e inspección da AEAT.

 

Fixación dos últimos criterios administrativos (consultas da DXT) respecto de distintas cuestións que afectan o peche: dedución de gastos financeiros e intereses de demora, identificación da actividade económica, etc.


Duración e homologación

4 horas lectivas
Homologación auditores: 2 horas en contabilidade e 2 horas noutras materias.
Homologación REC: 4 horas para mantemento acreditación e acceso por méritos.
Cómputo listas TAP: 4 horas para as listas de peritos e de administradores concursais (en materias afíns).


Datas, lugares e horarios

A Coruña:
Luns 2 de decembro, 16:30- 20:30 
***CAMBIO DE SEDE: Attica 21
Rúa Enrique Mariñas Romeu Xornalista, 34, 15009 A Coruña

Santiago de Compostela:
Martes 3 de decembro, 09:30-13:30 
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo, s/n. 15782 Santiago de Compostela

Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 75 euros.
Outros participantes: 120 euros.
 
Descontos:

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 50% desempregados.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade