USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Peche fiscal e contable do exercicio 2009_Santiago 24 novembro 2009

Lugar de celebración: Santiago de Compostela
Preinscrición:
27/10/2009-19/11/2009
Matrícula:
02/11/2009-19/11/2009
Celebración:
24/11/2009-24/11/2009
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidade, Fiscal
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Obxectivo

Analizar os aspectos fiscais e contables de maior transcendencia que afectan o proceso de peche fiscal do exercicio e á determinación do gasto contable polo Imposto de Sociedades, tendo en conta as últimas novidades normativas introducidas na Lei 3/2009, sobre modificacións estruturais das sociedades mercantís, e a Lei 4/2008 que suprime o Imposto sobre o Patrimonio e xeneraliza o sistema de devolución mensual do IVE entre outras modificacións tributarias.

Relator 

MARCELIANO HERNÁNDEZ DO CANTO
Avogado. Socio de Caballero-Velázquez Avogados. Foi docente da Escola de Facenda Pública e do Master de Asesoría Xurídica de Empresas de ICADE. Autor da publicación "Memento Peche Fiscal-Contable 2009" da editorial Francis Lefebvre.

 

Programa

  • Novidades normativas aplicables ao exercicio 2009.
  • Incidencia fiscal da aplicación do novo PGC, con especial análise dos novos criterios fiscais e contables emitidos pola Dirección Xeral de Tributos e o ICAC.
  • Determinación da Base Impoñible:
    • Resultado contable.
    • Axustes ao resultado contable, derivados da aplicación das regras propias do IS.

- Amortizacións. Fondos de comercio e demais activos intangibles.
- Correccións de valor das participacións noutras entidades.
- Provisións e continxencias.
- Gastos non deducibles.
- Criterios de imputación temporal. Cambios en estimacións contables e erros.
- Regras especiais de valoración: operacións vinculadas.
- Revisión das últimas modificacións nos réximes especiais.
- Beneficios con incidencia na BI.
-Outros.

  • Determinación da cota a ingresar:
    • Deducións e bonificacións.

- I + d + i
- Reinversión de beneficios extraordinarios. Compatibilidade coa dedución por dobre imposición interna.
- Actividade exportadora. 

Data, horario e lugar de celebración

Martes, 24 de novembro, de 9:45 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas.
Delegación do Colexio de Economistas: Avda. de Lugo, 115-baixo. Santiago de Compostela

Este mesmo curso celebrarase na Coruña o luns, 23 de novembro, no mesmo horario.

 
Homologación

As horas de formación deste seminario serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.

Matrícula

  • Colexiados e persoal dos seus despachos: 110 €
  • Non colexiados:  175 €

Descontos: segunda e sucesivas inscricións 10%. 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRIPCIÓN.

***INSCRIPCIÓN FINALIZADA. LISTA DE ESPERA.


Forma de pago

Cheque nominativo Colexio de Economistas da Coruña
Transferencia bancaria: 2091-0000-30-3040084894
Data límite: unha vez confirmada a praza por parte do Colexio deberá abonarse a inscrición no prazo máximo de 3 días hábiles. Toda inscrición non abonada en devandito prazo perderá a reserva de praza.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade