USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Aplicación práctica da Valoración de Empresas con folla de cálculo

Lugar de celebración: A Coruña
Preinscrición:
10/09/2019-10/09/2019
Matrícula:
10/09/2019-10/09/2019
Celebración:
10/09/2019-10/09/2019
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 10 de setembro de 2019

Inscrición

A valoración de empresas resulta un procedemento imprescindible na transmisión de todo ou parte dunha empresa.

Esta técnica tamén resulta moi útil na determinación do valor en uso dunha Unidade Xeradora de Efectivo, coa finalidade de poder cuantificar as posibles deterioracións dos activos.

Obxectivos 

O obxectivo fundaméntase na análise dos diferentes modelos de valoración de empresas, desde os modelos tradicionais que parten da información proporcionada polos estados financeiros, ata os que se basean en considerar á empresa como unha sucesión no tempo de proxectos de investimento e de financiamento, con capacidade para xerar fluxos de tesouraría cuxa contía haberá que estimar, así como actualizalos a unha taxa apropiada ao risco económico e financeiro que soporta.

Tendo en conta a aplicación desta metodoloxía, a Xornada diríxese a calquera profesional interesado na valoración de empresas e, directores financeiros, asesores fiscais e auditores de contas para que poidan incorporar os coñecementos adquiridos á súa práctica profesional, co obxectivo de poder aplicar distintas técnicas para valorar empresas, e fundamentalmente o método de desconto de fluxos de tesouraría.

Para o adecuado seguimento do curso, os asistentes han de levar computador portátil.


Relator

Gregorio Labatut Serer 
Profesor Titular de Universidade. Universidade de Valencia.
Membro do REC 3069
Membro Comité Dirección Economistas Contables.
Consultor de empresas


Programa

  1. Conceptos de valor e prezo (valor contable versus valor de mercado, principios e fins da valoración).
  2. Métodos de valoración baseados no balance, patrimoniais ou analíticos.
  3. Métodos de valoración mixtos ou compostos.
  4. Métodos de valoración comparativos ou por múltiplos.
  5. Métodos de valoración baseados no desconto de fluxos de tesouraría.
  6. Comparación entre os distintos métodos con casos prácticos.
  7. Confección do informe de valoración.
  8. Casos prácticos con folla de cálculo.

Data e horario

Martes, 10 de setembro de 2019
09:30 - 14:30 horas

Homologación

REA: 5 horas en auditoría
REC: 5 horas


Lugar

Colexio de Economistas       
C/ Cabaleiros, 29-1º. 15009 A Coruña


Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 90 euros.
Outros participantes: 145 euros.
 
Descontos (non acumulables):
  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 20% membros REA e persoal dos seus despachos.
  • 50% desempregados.
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Documentación: Será enviada só por correo electrónico. Unha vez enviado o material aos inscritos procederase á súa facturación, non podéndose anular xa a inscrición realizada.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade