USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Contabilización do Imposto sobre Beneficios: peche 2018

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
29/04/2019-29/04/2019
Matrícula:
29/04/2019-29/04/2019
Celebración:
29/04/2019-29/04/2019
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidade
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Inscrición curso Imposto sobre Beneficios
Inscrición curso actualización contable
Inscrición xornada completa

 

A Coruña, 29 de abril de 2019

Todas as empresas, nas súas contas individuais e consolidadas, deberán aplicar para a formulación das contas a Resolución do ICAC de 9 de febreiro de 2016, pola que se desenvolven as normas de rexistro, valoración e elaboración das contas anuais para a contabilización do Imposto sobre Beneficios.
 
Igualmente analizaranse recentes consultas do Boletín Oficial do ICAC que afectan á contabilización do Imposto sobre Beneficios: efecto impositivo en subvencións, reservas de capitalización e nivelación, implicacións contables do RDL 3/2016 (reversión fiscal da deterioración financeira),…

A RICAC aborda as definicións nas que se sustenta o enfoque do balance na determinación do gasto/ingreso por imposto corrente e diferido, tamén o tratamento dos activos e pasivos por imposto corrente.
 
Ademais incorpora certas particularidades, como os supostos en que a lexislación fiscal establece a posibilidade de converter activos por imposto diferido nun crédito esixible fronte á Administración tributaria, ou as circunstancias que deben concorrer para o reflexo do crédito fiscal por bases impoñibles negativas, podéndose superar agora en certos casos o límite previsto de dez anos.
 
A valoración dos activos e pasivos fiscais tamén experimentou modificacións, tendo en conta que o tipo de gravame a considerar dependerá do modo en que a empresa espera recuperar/liquidar eses activos/pasivos fiscais.
 
Na Resolución tamén se desenvolven certas implicacións e tratamentos contables derivados da Lei 27/2014, de 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades (IS), tales como: a reserva de capitalización; a reserva de nivelación de bases impoñibles; o tratamento derivado da Lei que estableceu un límite de dedución na base impoñible da amortización contable do inmobilizado material, intangible e dos investimentos inmobiliarios; a non deducibilidad de certas deterioracións,… etc.
 
Adicionalmente abórdase o efecto impositivo derivado da aplicación de réximes fiscais especiais: tributación consolidada, réxime baseado na imputación fiscal das rendas aos socios ou partícipes, efectúanse algunhas precisións relevantes sobre os impostos estranxeiros de natureza similar ao IS,… Igualmente analizarase o tratamento contable para as provisións e continxencias tributarias, xunto coa posible periodificación das diferenzas permanentes e as deducións e outras vantaxes fiscais aplicadas nun exercicio.


Programa

1. ANÁLISE DO MÉTODO E DA NORMA VIXENTE PARA CONTABILIZAR O IMPOSTO SOBRE BENEFICIOS DO EXERCICIO 2018
 
2. O GASTO POR IMPOSTO CORRENTE E O GASTO POR IMPOSTO DIFERIDO
 
3. ¿CANDO EXISTEN DIFERENZAS ENTRE A BASE FISCAL E O VALOR CONTABLE?

  • 3.1. BASE FISCAL DUN ACTIVO
  • 3.2. BASE FISCAL DUN PASIVO

4. ¿QUE TIPO DE DIFERENZAS EXISTEN?: As DIFERENZAS TEMPORARIAS e PERMANENTES

  • 4.1 TIPOS DE DIFERENZAS TEMPORARIAS
  • 4.2. DIFERENZAS TEMPORARIAS E DIFERENZAS TEMPORAIS
  • 4.3. DIFERENZAS TEMPORARIAS E DIFERENZAS PERMANENTES

5. ¿DÉBENSE RECOÑECER TODOS Os ACTIVOS E PASIVOS POR IMPOSTO DIFERIDO? ¿EN QUE CASOS NON SE REXISTRAN?

  • 5.1. RECOÑECEMENTO DE PASIVOS FISCAIS
  • 5.2. RECOÑECEMENTO DE ACTIVOS FISCAIS
  • 5.3. CONTRAPARTIDA DO RECOÑECEMENTO DE ACTIVOS E PASIVOS POR IMPOSTO DIFERIDO:

           - Impostos que teñen por contrapartida contas de resultados
           - Impostos que teñen por contrapartida contas de patrimonio neto
           - Impostos que teñen por contrapartida contas de reservas
           - Impostos que teñen por contrapartida o Fondo de Comercio

6. VALORACIÓN DE ACTIVOS E PASIVOS POR IMPOSTO DIFERIDO

  • 6.1. VALORACIÓN INICIAL
  • 6.2. VALORACIÓN POSTERIOR
  • 6.3 IMPORTANCIA DO MODO EN QUE SE RECUPERARÁ/LIQUIDASE UN ACTIVO/PASIVO FISCAL
  • 6.4 TRATAMENTO DAS DEDUCIÓNS E As BONIFICACIÓNS DA COTA

7. PRESENTACIÓN DO EFECTO IMPOSITIVO NAS CONTAS ANUAIS.

8. INFORMACIÓN A REVELAR NOS ESTADOS FINANCEIROS

9. ANÁLISE DE SITUACIÓNS ESPECIAIS:

  • RESERVA DE CAPITALIZACIÓN
  • RESERVA DE NIVELACIÓN
  • AXUSTES CONTRA RESERVAS
  • EFECTO IMPOSITIVO EN FUSIÓNS, ESCISIÓNS E COMBINACIÓNS DE NEGOCIOS
  • REVALORIZACIÓNS DE ACTIVOS FINANCEIROS DISPOÑIBLES PARA A VENDA
  • SUBVENCIÓNS DE CAPITAL E DOAZÓNS
  • PERMUTAS NON COMERCIAIS
  • CLIENTES MOROSOS
  • PERDAS A COMPENSAR E DEDUCIÓNS FISCAIS PENDENTES DE APLICAR
  • LEASING
  • PROVISIÓNS E CONTINXENCIAS TRIBUTARIAS
  • RÉXIMES FISCAIS ESPECIAIS, …Etc.

10.  CASOS PRÁCTICOS E EXEMPLOS ILUSTRATIVOS.


Relator 

Juan Luís Domínguez
Economista. Auditor de contas
Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona


Homologación 

Auditores: 4 horas en contabilidade
REC: 4 horas (*)


Data e horario

Luns, 29 de abril de 2019
15:30 - 19:30  horas


Lugar

Colexio de Economistas       
C/ Cabaleiros, 29-1º. 15009 A Coruña


Matrícula

Matrícula Contabilización Imposto Beneficios Actualización contable  Xornada completa
Colexiados e persoal dos seus despachos: 75,00 € 75,00 € 125,00 €
Outros participantes:   120,00 € 120,00 € 200,00 €

 

Descontos (non acumulables):

 

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 20% membros REA, EC e persoal dos seus despachos.
  • 50% desempregados.
(*) FORMACIÓN OBRIGATORIA EXPERTOS CONTABLES
Para manter a súa acreditación como expertos contables, todos os membros do REC deberán acreditar  polo menos 60 horas de formación realizada no período de 1 de outubro 2016 a 30 de setembro 2019  (ou a parte proporcional correspondente coa súa data de alta).

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade