USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Aproximación práctica aos delitos económicos, contables e tributarios

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
25/04/2019-25/04/2019
Matrícula:
25/04/2019-25/04/2019
Celebración:
25/04/2019-25/04/2019
Formación:
Áreas de formación:
Concursal
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 25 de abril de 2019

Inscrición

 

Os delitos penais económicos son cada vez máis frecuentes nos xulgados do noso país. Coñecer este tipo de delitos resulta imprescindible para calquera profesional ligado ao asesoramento de empresas; non só para aqueles que ostenten a condición de letrados, senón tamén para auditores, expertos en economía forense ou expertos contables, entre outros…
 
A tipoloxía de cada un destes delitos aparece fielmente plasmada no noso Código Penal. Os delitos penais son moi amplos e, en función da súa natureza e consecuencias, poden representar para as condenado penas de multa, reclusión ou inhabilitación.

O papel do economista cobra unha especial relevancia á hora anticipar situacións de risco ou previr posibles delitos, sobre todo á hora de contribuír na formación de empresarios e directivos en códigos de boa conduta e no seu compromiso por establecer sistemas eficaces de cumprimento das normas, o chamado “compliance”, ao fin de evitar a responsabilidade penal da persoa xurídica.
 
Neste novo taller práctico, daranse a coñecer estes delitos penais económicos, centrándonos en cuestións controvertidas relacionadas, fundamentalmente, con:

  1. Insolvencias punibles: recoñecementos de créditos ficticios e outras irregularidades contables en situación de insolvencia actual ou inminente, tipos agravados, declaración indebida do concurso grazas á achega de datos falsos relativos ao estado contable, responsabilidade penal da persoa xurídica…
  2. Delitos societarios: falseamiento da contabilidade e prexuízo económico, limitacións ao exercicio do dereito de información…
  3. Delitos contra a facenda pública: características do delito fiscal, elementos comúns, contía defraudada como condición obxectiva de punibilidad, formas de inicio do procedemento penal por delito fiscal…

Para abordar este taller práctico, contaremos cun dos maiores especialistas na materia, Don Juan Antonio Frago Amada, Fiscal adscrito ao grupo de delitos económicos da Fiscalía provincial da Coruña, relator habitual en prestixiosos foros formativos relacionados coa responsabilidade penal da persoa xurídica, autor de diferentes publicacións sobre a materia e editor do blogue de Dereito Penal “En ocasións vexo reos”.


Relator

Juan Antonio Frago Amada
Fiscal do grupo de delitos económicos da Fiscalía Provincial da Coruña



Homologación 

https://gallery.mailchimp.com/af770e70f7bb55982f9c73522/images/10a329fb-3fe3-44a3-8be4-19afb9e8a261.jpg

 

 

 

 

Listas TAP: 1,5 horas en formación societaria (computables para as listas de Administradores Concursais).


Data e horario

Xoves, 25 de abril de 2019
18:00 - 19:30  horas


Lugar

Colexio de Economistas       
C/ Cabaleiros, 29-1º. 15009 A Coruña


Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 30 euros.
Outros participantes: 50 euros.
 
Descontos (non acumulables):

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 20% membros REFOR-Expertos Forenses Consello Xeral de Economistas e persoal dos seus despachos.
  • 50% desempregados.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade