USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Aspectos crave na tributación sobre IRPF

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
23/04/2019-23/04/2019
Matrícula:
23/04/2019-23/04/2019
Celebración:
23/04/2019-23/04/2019
Formación:
Áreas de formación:
Fiscal
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Inscrición

A Coruña, 23 de abril de 2019 *IMPORTANTE: CAMBIO DE LUGAR DE CELEBRACIÓN

Este curso ten por obxectivo concretar, desde un punto de vista eminentemente práctico, o tratamento das distintas rendas e a interpretación dada por Tribunais e a DXT, en relación con cuestións conflitivas para a correcta liquidación do Imposto sobre a Renda. Así mesmo trataranse cuestións referidas á planificación máis vantaxosa de obtención de determinadas rendas, facendo fincapé nas novidades e criterios aplicables nos exercicios 2018 e 2019, e sobre todo en relación cos aspectos máis problemáticos na aplicación da norma. 

No desenvolvemento do curso realizaranse unha serie de supostos prácticos, seleccionados coa intención de aclarar determinados aspectos da materia.


Programa

1.- Concepto de contribuínte do IRPF: Excepcións en relación co artigo 7.p e artigo 93 LIRPF.

2.- Declaración conxunta ou individual: situacións conflitivas en relación con separacións, divorcios ou nulidades matrimoniais.

3.- Estudo das exencións e non sujeciones: análise de consultas e Xurisprudencia en relación coas indemnizacións por despedimento, prestación por maternidade, indemnizacións por responsabilidade, requisitos da non sujeción en caso de transmisión lucrativa da empresa familiar, entro outros.

4.-Rendementos do traballo:

  • 4.1. Cualificación: diferenciación entre rendementos procedentes da relación laboral e rendementos do traballo por imperativo legal: diferenzas na aplicación práctica da norma.
  • 4.2 Retribucións en especie: cualificación e cuantificación. Requisitos legais e formais para que poidan ter a consideración de exentas ou non suxeitas.
  • 4.3. Estudo do cobro de prestacións de plans de pensións: especial incidencia na posible aplicación da redución do 40% por prestacións en forma de capital.
  • 4.4. Redución do 30% por irregularidade: aplicación práctica.

5.- Rendementos do capital inmobiliario:

  • 5.1. Cualificación: arrendamento de bens inmobles ou constitución de dereitos reais (tributación da doazón dun usufructo vitalicio.
  • 5.2. Cálculo de ingresos e gastos deducibles: análise pormenorizada do cómputo de gastos deducibles.
  • 5.3. Redución por arrendamento de vivenda: ¿Cando pode aplicarse?
  • 5.4. Tributación do aluguer vacacional.
  • 5.5. Retencións dos rendementos do capital inmobiliario: momento da súa imputación.
  • 5.6. Imputación de rendas inmobiliarias

6.- Rendementos do capital mobiliario:

  • 6.1. Cualificación, cuantificación e diferenciación entre rendementos que tributan na base xeral e na base do aforro.
  • 6.2. Titularidade compartida dos activos: tributación.
  • 6.3. Rendementos derivados de cesión a terceiros a entidades vinculadas: cálculo do rendemento tributable na base impoñible xeneral ou base impoñible do aforro.
  • 6.4. Reducións de capital con devolución de achegas: empresas cotizadas, non cotizadas e SICAV.
  • 6.5. Produtos financeiros con beneficios fiscais: PIAS, SIALP, CIALP.
  • 6.6 Tributación dos contratos de seguro: rendas vitalicias e temporais. 

7.- Rendementos de actividades económicas:

  • 7.1. Cualificación dos rendementos de actividades económicas: arrendamento e socios de sociedades que prestan servizos profesionais.
  • 7.2. Réximes de determinación do rendemento neto.
  • 7.3. Reducións aplicables: análise de Sentenzas en relación coas reducións.
  • 7.4. Retencións e pagas a conta: momento de imputación.
  • 7.5. Retribucións en especie en actividades  económicas.
  • 7.6. Importancia da diferenza entre patrimonio empresarial ou profesional e persoal.

8.- Ganancias e perdas patrimoniais:

  • 8.1. Exencións.
  • 8.2. Non sujeciones: especial análise das perdas patrimoniais con recompra.
  • 8.3. Cálculo: compoñentes do valor de adquisición e valor de transmisión. Réxime xeral e réxime transitorio.
  • 8.4. Ganancias patrimoniais non xustificadas. 

9.- Estudo da fiscalidade das rupturas matrimoniais: compensacións, división da cousa común, posibilidade de declaración conxunta ou individual, reducións e deducións aplicables.

10. Achegas a plans de pensións: límite financeiro e límite fiscal.

11. Consecuencias dunha correcta integración e compensación de rendas.

12. Cota tributaria e deducións

13. Obrigación de declaración

14. Liquidación do imposto.


Relator

Carmen Jover Díaz

Economista. Asesora Fiscal.
Membro do Consello Técnico e do Consello Directivo do REAF Asesores Fiscais - Consello Xeral de Economistas


Data e horario

Martes, 23 de abril de 2019
09:30 a 14:30 e 16:30 a 19:30 horas


Lugar*

*NOVO LUGAR DE CELEBRACIÓN: ONCE - Organización Nacional de Cegos       

C/ Cantón Grande, 3, 15003 A Coruña


Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 130 euros
Outros participantes: 210 euros
 
Descontos (non acumulables):

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 50% desempregados.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade