USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Mapa de riscos en Auditoría

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
21/01/2019-21/01/2019
Matrícula:
21/01/2019-21/01/2019
Celebración:
21/01/2019-21/01/2019
Formación:
Áreas de formación:
Auditoría
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Inscrición

De acordo coas  Normas Internacionais de Auditoría (NIA?É), un dos obxectivos do auditor é identificar e valorar os riscos mediante o coñecemento da entidade e da súa contorna, incluído o seu control interno, coa finalidade de proporcionar unha base para o deseño e a implementación de respostas aos riscos valorados.

A obtención de coñecemento da entidade e a súa contorna, incluído o control interno da entidade, é un proceso continuo e dinámico de recompilación, actualización e análise de información durante toda a auditoría. Este coñecemento constitúe un marco de referencia dentro do cal o auditor planifica a auditoría e aplica o seu xuízo profesional ao longo dela.

Obxectivos

Ao longo desta sesión de formación profesional continua analizarase a responsabilidade do auditor relativa á identificación dos riscos na auditoría, así como os procedementos a realizar polo auditor para avaliar e dar respostas aos mesmos.
Como se observa no programa do curso, farase unha referencia especial aos riscos de fraude.
Este seminario tomará en consideración os documentos técnicos que emitiu o Departamento Técnico e o Comité de Normas e Procedementos do REA Auditores e está aliñado co devandito material.


Relator    

David García Varela

  • Senior Manager de Auditoría en EY.
  • Membro do ROAC.
  • Relator habitual de cursos de formación en auditoría e contabilidade.

Programa

  1. A fraude e o seu impacto na organización.
  2. A tecnoloxía como elemento de risco e fraude.
  3. Estratexias efectivas contra a fraude.
  4. Administración do risco e control interno.
  5. Obxectivos e compoñentes do Control Interno.
  6. Marcos de referencia para a avaliación do control interno.
  7. Conceptualización e deseño da Matriz de risco.
  8. Identificación, avaliación, probas e documentación de actividades de risco.
  9. Sinais de alertas de fraude.

Duración e homologación

5 horas lectivas
Homologación auditores: 5 horas en auditoría.


Data e horario

Luns, 21 de xaneiro de 2019
9:30 - 14:30  horas


Lugar

Colexio de Economistas       
C/ Cabaleiros, 29-1º. 15009 A Coruña


Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 100 euros.
Outros participantes: 160 euros.
 
Descontos (non acumulables):

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 20% membros REA e persoal dos seus despachos.
  • 50% desempregados.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade