USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Peche fiscal e contable do exercicio 2018

Lugar de celebración: A Coruña, Santiago de Compostela
Preinscrición:
11/11/2018-12/11/2018
Matrícula:
11/11/2018-12/11/2018
Celebración:
12/11/2018-13/11/2018
Formación:
Áreas de formación:
Fiscal
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 12 de novembro 2018
Santiago de Compostela, 13 de novembro 2018

 

Inscrición na Coruña

Inscrición en Santiago 

Actualizamos o noso sistema de inscrición. Se necesita axuda por favor contacte connosco. Tel: 981 154 325 - mail: colegio@economistascoruna.org

O  obxectivo deste curso é revisar as principais cuestións que afectarán o peche do exercicio 2018 no ámbito contable e fiscal, tendo en conta especialmente as modificacións que en ambos os ámbitos son de aplicación  en función dos pronunciamentos do ICAC e das modificacións do LIS.

Relator


Marceliano Hernández do Canto

Avogado. Socio de Caballero-Velázquez Avogados. Foi docente da Escola de Facenda Pública e do Máster de Asesoría Xurídica de Empresas de ICADE 


Programa

-  Análise das principais cuestións que afectan o tratamento contable do resultado do exercicio, con revisión dos últimos pronunciamentos sobre a materia emitidos polo ICAC.

 - Revisión dos principais aspectos fiscais a ter en conta para abordar o peche do exercicio 2018, tanto os contidos no novo LIS (Lei 27/2014), como os aplicables a partir do 1-1-2018 (Lei 6/2018 e RD 1074/2017). Entre eles:

  • Análise das principais diferenzas entre o resultado contable e fiscal.
  • Tratamento das amortizacións no exercicio 2018.
  • Criterios de imputación temporal.
  • Tratamento das correccións por deterioración dos activos.
  • Identificación dos principais gastos non deducibles, con especial atención aos novos conceptos introducidos pola nova Lei do IS.
  • Revisión dos criterios de valoración por operacións específicas que determinan axustes ao resultado contable.
  • Análise do novo tratamento da dobre imposición: o método de exención e a súa aplicación no exercicio 2018.
  • Aspectos esenciais das reducións da base impoñible pola utilización dos novos mecanismos introducidos polo novo LIS: reserva de capitalización e reserva de nivelación.
  • Repaso das deducións e bonificacións aplicables en 2018 que permiten a redución do tipo efectivo.
  • Revisión dos aspectos fundamentais do réxime aplicable ás empresas de reducida dimensión, e breve reseña das novidades que afectan as operacións de reestruturación e grupos consolidados.
  • Fixación dos últimos criterios administrativos (consultas da DXT) respecto de distintas cuestións que afectan o peche: dedución de gastos financeiros e intereses de demora, identificación da actividade económica, etc.
  • Revisión da última xurisprudencia do Tribunal Supremo e do TEAC durante o exercicio 2018.

Duración e homologación


4 horas lectivas
Homologación auditores: 2 horas en contabilidade e 2 horas noutras materias
Homologación REC: 4 horas para mantemento acreditación e acceso por méritos.

 


Datas, lugares e horarios   

A Coruña:
Luns 12 de novembro, 16:30- 20:30 
*NOVO LUGAR DE CELEBRACIÓN: HOTEL ATTICA 21
C/ Enrique Mariñas, 34
15009 A Coruña

Santiago de Compostela:
Martes 13 de novembro, 09:30-13:30 no Salón de Graos
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo, s/n
15782 Santiago de Compostela

 

Matrícula


Colexiados e persoal dos seus despachos: 75 euros.
Outros participantes: 120 euros.
 
Descontos:

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 50% desempregados.

 

Anticipa as túas preguntas

 

Os asistentes poderán expor anticipadamente ás relatora dúbidas e consultas relacionadas coa materia obxecto da xornada, para que sexan abordadas expresamente durante a mesma. Para iso, todas as cuestións deben ser remitidas por correo electrónico antes do xoves 1 de novembro de 2018.

Envía un mail a formacion@economistascoruna.org.

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade