USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Auditoría de instrumentos financeiros

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
08/10/2018-23/10/2018
Matrícula:
08/10/2018-23/10/2018
Celebración:
24/10/2018-24/10/2018
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 24 de outubro 2018

Na situación actual, as necesidades de financiamento e a volatilidade dos mercados impulsan ás empresas a contratar posicións en instrumentos financeiros non estándar, como instrumentos derivados (futuros/ forwards, IRS, CCS, opcións) ou híbridos (financiamentos con cláusulas condicionadas). Así mesmo é habitual a xestión das operacións de financiamento das empresas por medio da reestruturación das mesmas, nas que se negocian modificacións nas condicións financeiras, de vencimiento, carencias de intereses ou outro tipo de condicións opcionais.

Obxectivos


Este curso está dirixido tanto aos profesionais que realizan a súa actividade na área financeira da empresa, como aos auditores que se atopan con este tipo de operacións nas entidades que auditan.
 
Analizarase, cun enfoque práctico, a identificación dos distintos tipos de instrumentos financeiros derivados, os riscos aos que as empresas se expoñen, así como o tratamento contable dos mesmos, xa sexa como instrumentos financeiros especulativos, ou como instrumentos de cobertura contable. Adicionalmente, analizaranse as implicacións contables da reestruturación das operacións de financiamento e da contratación de instrumentos financeiros non estándar (híbridos).
 
Durante o curso analizaranse exemplos reais, e resolveranse diferentes supostos que ilustrarán a casuística tratada, así como os procedementos de auditoría a realizar.


Relator     


Elena Rodríguez Huéscar

  • Xerente de auditoría, membro do departamento de servizos financeiros.
  • Especialista en auditoría externa de entidades financeiras, especializada en Grupos de entidades reguladas por Banco de España, CNMV e Grupos cotizados.
  • Membro do ROAC.
  • Master en Auditoría Financeira e Riscos.
  • Relator en cursos e seminarios sobre IFRS, auditoría de produtos financeiros e instrumentos derivados en distintas entidades cotizadas, Circular de Banco de España 4/2004, así como Escolas de Formación e Escolas de Negocios.
  • Experiencia en due diligence financeiras, valoración de carteiras e xestión de diversos instrumentos financeiros.

Programa


1.   Introdución
2    Definición, rexistro e valoración de instrumentos financeiros
3.   Riscos
4.   Derivados. Conceptos básicos
5.   Identificación dos instrumentos financeiros derivados, análises dos seus riscos e métodos de valoración:
      5.1 Futuros (Seguros de cambio, FRAs)
      5.2 Permutas financeiras (Swaps )
      5.3 Opcións
6.  Tratamento contable dos derivados de negociación.
7.  Tratamento contable dos derivados de cobertura
8.  Coberturas de valor razoable
      8.1 Coberturas de fluxos de efectivo
      8.2. Coberturas de investimento neto nun negocio no estranxeiro
9.   Designación e interrupción das coberturas
10. Documentación das coberturas e medición da eficacia


Duración e homologación


5 horas lectivas
Homologación auditores: 5 horas en auditoría e contabilidade.
Homologación REC: 5 horas para mantemento acreditación e acceso por méritos.


Data e horario


Mércores, 24 de outubro 2018
9:30 - 14:30  horas


Lugar


Colexio de Economistas       
C/ Cabaleiros, 29-1º. 15009 A Coruña


Matrícula


Colexiados e persoal dos seus despachos: 90 euros.
Outros participantes: 145 euros.
 
Descontos (non acumulables):

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 20% membros REA e persoal dos seus despachos.
  • 50% desempregados.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade