USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Plan Estratéxico e Plan Director da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2018-2020

Lugar de celebración: A Coruña, Santiago de Compostela
Preinscrición:
10/09/2018-08/10/2018
Matrícula:
10/09/2018-08/10/2018
Celebración:
09/10/2018-09/10/2018
Formación:
Áreas de formación:
Laboral
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Santiago de Compostela, 9 de outubro 2018 

Co obxectivo de manter informados os seus asesores e mutualistas, MC MUTUAL, xunto co Colexio de Economistas da Coruña, organiza esta xornada divulgativa na que se analizará o novo Plan Estratéxico da Inspección de Traballo e Seguridade Social para o período 2018-2020, aprobado o pasado mes de abril, e o Plan Director por un Traballo Digno, que se pactou no mes de xullo.  

Ao longo da sesión, repasaranse os obxectivos e as liñas de actuación do devandito plan que están pensados para reforzar o control da contratación temporal inxustificada, da contratación a tempo parcial e a formativa. Así mesmo, esta iniciativa tamén prevé a posta en marcha de novas unidades de inspección especializadas na prevención de riscos laborais e actuacións específicas en relación á figura dos falsos autónomos, entre outras medidas en materia laboral e de Seguridade Social. 

Programa e relatores  

17:00 Entrega da documentación. 

17:05 Benvida. 

Manuel Rei da Barrrera. Presidente da Delegación en Santiago do Colexio de Economistas da Coruña. 

17:15 Relatorio.

Benigno Sánchez García. Xefe provincial da Coruña da Inspección de Traballo e Seguridade Social.  

18:45 Quenda de preguntas. 

19:00 Clausura.

Luís Grien Díaz. Director de MC MUTUAL na Coruña e Lugo. 

Duración

2 horas lectivas 

Data, horario e lugar de celebración

Facultade de CC. Económicas. Avda. do Burgo, s/n Santiago de Compostela. AULA 30

Martes, 9 de outubro de 2018, de 17:00 a 19:00 horas 

Matrícula

GRATUÍTA para Colexiados e persoal dos seus despachos

Poderá asistir o colexiado titular ou un membro do seu despacho no seu lugar.

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade