USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Taller concursal: Cuestións prácticas sobre segunda oportunidade

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
03/05/2018-31/05/2018
Matrícula:
03/05/2018-31/05/2018
Celebración:
01/06/2018-01/06/2018
Formación:
Áreas de formación:
Concursal
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 1 de xuño 2018

 

A Lei 25/2015, de 28 de xullo, de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas de orde social, introduciu no noso ordenamento xurídico a figura do concurso de acredores para debedores persoas físicas que podía derivar na concesión ao debedor de boa fe do beneficio da exoneración do pasivo insatisfeito, sempre que aquel cumprise unha serie de requisitos.


O certo é que a efectividade da Lei é bastante modesta, e está aínda lonxe do éxito das medidas análogas que triunfan noutros países da nosa contorna.


No entanto, a existencia dunha tendencia jurisprudencial que está a interpretar a norma a favor do debedor; a proposta de reforma da Lei, instada desde o propio Congreso dos Deputados o pasado mes de novembro; e a perspectiva da proximidade dunha Directiva Europea que suporá un avance na regulación desta figura, configuran un escenario optimista de consolidación da figura da “segunda oportunidade”.

Neste taller analizaremos os aspectos prácticos de maior interese no funcionamento desta norma.
  

Programa e relatores

9:30-11:00 CONFERENCIA 1 

                  O acordo extraxudicial de pagos
                  José Manuel Mosquera Santé
                  Avogado, Economista e MBA en Mosquera Avogados e Economistas
 
11:00-11:15 PAUSA
 
11:15-12:30 CONFERENCIA 2
                   O concurso consecutivo
                  
Carlos Puigcerver Asor
                   Maxistrado asesor da DGRAJ do Ministerio de Xustiza

 
12:45-14:00 CONFERENCIA 3
                   Exoneración do pasivo insatisfeito        
                   Matilde Cuena Casas
                   Catedrática de Dereito Civil en Universidade Complutense de Madrid

Duración e homologación  

4,5 horas lectivas, computables a efectos da formación concursal obrigatoria para as listas de Administradores Concursais.

Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 125 euros. 

Outros participantes: 200 euros. 

Descontos (non acumulables):

·           10% segunda e sucesivas matrículas.

·           20% membros REFOR- Expertos Forenses Consello Xeral de Economistas e persoal dos seus despachos.

·           50% desempregados.

Data e horario

Venres, 1 de xuño 2018
9:30 - 14:00 horas
 

Lugar

Colexio de Economistas
C/ Cabaleiros, 29-1º
15009 A Coruña

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade