USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Fiscalidade da economía dixital

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
25/04/2018-28/05/2018
Matrícula:
25/04/2018-28/05/2018
Celebración:
29/05/2018-29/05/2018
Formación:
Áreas de formación:
Fiscal
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.
Gratuíto?
Non

A Coruña, 29 de maio 2018

O obxectivo deste curso é analizar a incidencia e o impacto mutuo da fiscalidade nas operacións do comercio electrónico, así como as peculiaridades en materia tributaria que posúen os negocios a través da Rede (Internet), En liña ou virtuais. Repasaranse aquelas cuestións máis conflitivas (localización dos operadores e das operacións), as particularidades dos negocios e operacións -tanto entre empresarios como con particulares ou o chamado fenómeno do "consumo ou intercambio colaborativo" - e os retos ou formulacións dos novos usos, aplicacións e ou desenvolvementos.

Sen prexuízo de que se dirixe ao público en xeral, o curso oriéntase, especialmente, aos empresarios ou emprendedores de empresas que desenvolven operacións de comercio electrónico, así como a todas aquelas entidades e negocios baseados nas novas tecnoloxías, e en particular , a aqueles profesionais que asesoran e colaboran con persoas ou entidades vinculadas ao comercio electrónico. 

Relator

Emilio Pérez Pombo
Economista e Licenciado en Ciencias Políticas. Socio-director de Pérez Pombo, Avogados & Economistas e cofundador de Fiscalblog. “” 

Programa 

Introdución.
 
O comercio electrónico no marco do IVE.

a. Tributación do comercio de bens.

b. Tributación das prestacións de servizos. 

Incentivos fiscais na imposición directa para o investimento.

a. Deducións por dobre imposición no ámbito do Imposto de Sociedades.

b. O "Patent Box".

c. As reservas de capitalización e nivelación.

d. Tipos impositivos (especial referencia a empresas de nova creación).

e. Deducións de I + D + I.

f. Deducións en cota de IRPF. 

Outros tributos e impacto das novas modalidades de comercio electrónico. 

Duración e homologación  

4,5 horas lectivas
 
Homologación auditores: 4 horas noutras materias.
Homologación REC: 4 horas para mantemento acreditación e acceso por méritos. 

Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 80 euros. 

Outros participantes: 130 euros. 

Descontos:

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 20% membros REAF e persoal dos seus despachos.
  • 50% desempregados.

Data e horario

Martes, 29 de maio 2018
9:30 - 14:00 horas

Lugar

Colexio de Economistas
C/ Cabaleiros, 29-1º
15009 A Coruña

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade