USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Implicacións do novo Regulamento Xeral de Protección de Datos para os despachos profesionais

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
25/04/2018-11/05/2018
Matrícula:
25/04/2018-11/05/2018
Celebración:
11/05/2018-11/05/2018
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

 

 

O próximo 25 de maio de 2018 entrará en vigor con todos os seus efectos o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD), aprobado en 2016, que substituirá á actual normativa vixente.

A rápida evolución tecnolóxica e a globalización expuxeron novos retos para a protección dos datos persoais, permitindo que, tanto as empresas privadas como as administracións públicas, utilicen datos persoais nunha escala sen precedentes e con carácter transnacional á hora de implementar os seus procesos de negocio. Estes avances requiren un marco máis sólido e coherente para a protección de datos en cada un dos países da Unión Europea, dada a importancia de xerar a confianza que permita, por exemplo, á economía dixital desenvolverse en todo o mercado interior reforzando a seguridade xurídica e práctica para as persoas físicas, os operadores económicos e as administracións.

Neste curso estudaranse, da man dun membro da Axencia Española de Protección de Datos, as implicacións desta nova normativa para os despachos profesionais con obxecto de que poidan dispor dunha lista das medidas que terán que implantar en función do nivel de risco do tratamento dos datos. 

  

Relator

Luís de Salvador Carrasco
Xefe da área de Inspección da Axencia Española de Protección de Datos

 

Programa
  1. Adaptación ao RGPD: Ferramenta Facilita e Guías da AEPD.
  2. Principais novidades do Regulamento Xeral de Protección de Datos.
  3. A responsabilidade prol-activa.
  4. Desenvolvemento dos principais aspectos antes tratados:
  •  
    • Rexistro de Actividades.
    • A análise do impacto á privacidade.
    • Privacidade polo deseño e por defecto.
    • O novo esquema de seguridade.
    • As notificacións de brechas de seguridade.
    • Principios e Dereitos.
    • Legitimación para o tratamento.
    • Responsable e Encargado.
    • Certificacións e códigos de conduta.
    • O Delegado de Protección de Datos.
    • O novo réxime sancionador.
    • A AEPD e a actuación supervisora. O carácter transnacional.

  

Duración e homologación   

5 horas lectivas
 
Homologación auditores: 5 horas noutras materias.
Homologación REC: 5 horas para mantemento acreditación e acceso por méritos.

 

Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 90 euros. 

Outros participantes: 150 euros. 

Descontos:

  • 10% segunda e sucesivas matrículas.
  • 50% desempregados.

  

Data, horario e lugar

Venres, 11 de maio 2018, 9:30 - 14:30 horas
Colexio de Economistas
C/ Cabaleiros, 29-1º, 15009 A Coruña

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade