USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Actualización contable: últimas consultas do ICAC e outra normativa de interese

Lugar de celebración: A Coruña
Preinscrición:
20/03/2018-23/04/2018
Matrícula:
20/03/2018-23/04/2018
Celebración:
24/04/2018-24/04/2018
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

 

A Coruña, 24 de abril 2018

 

Nos últimos Boletíns Oficiais do Instituto de Contabilidade e Auditoría publicáronse diferentes consultas, unhas sobre complexas operacións empresariais de actualidade, e outras que buscan achegar luz sobre as interpretacións que afloran coa aplicación práctica da normativa contable resultante do novo PGC. As prioridades do día a día non facilitan o seguimento e a análise das implicacións da normativa contable aprobada e doutros pronunciamentos do ICAC máis recentes, nin tampouco unha sosegada reflexión sobre cuestións de certa complexidade que presenta a realidade empresarial.

Co obxectivo de analizar e aclarar os pronunciamentos últimos do ICAC e outra normativa contable recente, organízase esta XORNADA DE ACTUALIZACION CONTABLE, de gran utilidade para reflexionar sobre as CONTAS ANUAIS, para facilitar a resolución de problemas nas empresas clientes, e simultaneamente pór ao día aos equipos profesionais dos despachos.

A Xornada desenvolverase de maneira participativa, dinámica e moi práctica. A presenza de auditores, economistas, contables, asesores fiscais,…, profesionais implicados diariamente na xestión empresarial, creará un marco idóneo para a análise, o debate e a interpretación práctica dos últimos criterios evacuados polo ICAC en cuestións recentes como, entre outras, as que se detallan no programa.

 

Relator

Juan Luís Domínguez
Economista. Auditor de contas. Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona.

Programa

-    Repaso ás consultas do ICAC relacionadas co método do efecto impositivo e co rexistro contable do Imposto sobre Sociedades.

-    Breve análise da Resolución do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, pola que se desenvolven as normas de rexistro, valoración e elaboración das contas anuais para a contabilización do Imposto sobre Beneficios

-    RD 602/2016: forma de calcular os límites, utilización de modelos abreviados, aplicación en entidades sen fins lucrativos, amortización do fondo de comercio, etc.

-    Réxime sancionador por non depósito das contas anuais no Rexistro mercantil.

-    Auditoria de sociedades do sector público local.

-    Operacións entre empresas do grupo.

-    Límite dos honorarios por actividades distintas de auditoría, duración máxima do contrato,

-    Alugueres con prórroga.

-    Segregacións patrimoniais, combinacións de negocios, fusións e escisións intragrupo. Data contable destas operacións.

-    Tratamento contable de certos descontos comerciais.

-    Operacións en moeda estranxeira.

-    Indemnizacións percibidas en procesos xudiciais.

-    Refinanciamento e reestruturación de débedas.

-    Retribución a empregados con accións da sociedade.

-    Auditoria doutros “entes”.

-    Cesión de vehículos en renting a empregados.

-    Subvencións: reintegro, efecto impositivo, data de rexistro e imputación a resultados.

-    Prezo continxente na compravenda de negocios.

-    Resultados durante o período de probas.

-    Opcións de compra no marco de arrendamentos

-    Substitución de pezas en inmobilizados.

-    O efecto impositivo derivado do RD 3/2016 e as perdas por deterioración dos investimentos financeiros.

-    Breve comentario dos próximos cambios 2018: Instrumentos Financeiros, Recoñecemento de ingresos e Arrendamentos.

(NOTA: calquera outra novidade contable de interese para pemes que se publique antes da celebración da Xornada, será incorporada ao programa).


Duración e homologación

4 horas lectivas computables aos seguintes efectos:

 

·         Formación obrigatoria auditores: homologadas na materia de contabilidade e auditoría.

·         Rexistro de Expertos Contables: homologadas para mantemento da acreditación e acceso por méritos. 

 

Lugar de celebración, data e horario

Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña  

Martes, 24 de abril, de 10:00 a 14:00 horas 

 

Matrícula

 

Actualización contable

Provisións e activos-pasivos contigentes

 Xornada completa

Colexiados e persoal dos seus despachos:

75,00 €

75,00 €

125,00 €

Outros participantes:  

120,00 €

120,00 €

200,00 €

 

Descontos (non acumulables):

 

- 10% segunda e sucesivas matrículas

- 20% membros REA e EC, e persoal dos seus despachos

- 50 % colexiados desempregados

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

 

[INSCRICIÓN CURSO PROVISIÓNS E ACTIVOS-PASIVOS CONTIGENTES]

 

[INSCRICIÓN CONXUNTA AMBOS OS CURSOS]

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade