USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

I Xornada Auditoría do Sector Público

Lugar de celebración: A Coruña, Santiago de Compostela
Preinscrición:
22/02/2018-01/03/2018
Matrícula:
02/03/2018-08/03/2018
Celebración:
09/03/2018-09/03/2018
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Santiago de Compostela, 9 de marzo 2018

IMPORTANTE: A inscrición a este curso non se xestiona a través desta Web (ver debaixo apartado "Inscrición"*).

 O PRAZO DE SOLICITUDE FINALIZA Ás 23:55 HORAS DO 1 DE MARZO 

O escenario no que as administracións públicas desenvolven a súa actividade, e a súa interrelación co sector privado, foi obxecto dunha adaptación da regulación para garantir a transparencia e a integridade na xestión, e para establecer mecanismos  de control máis rigorosos.

Neste sentido, 2017 foi un ano referente en canto ás novidades normativas; por unha banda, coa aprobación da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, que entrará en vigor o próximo mes de marzo de 2018, coa que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas europeas en materia de contratación pública. Entre outras cuestións, esta norma suprime a posibilidade de contratación sen publicidade, establece a obrigación da factura electrónica e a posibilidade de pago directo da Administración aos subcontratistas.

Por outra banda,  coa regulación do  control interno das entidades do sector público local, que establece o Real Decreto 242/2017, publicado o 28 de abril de 2017, que persegue un control financeiro-orzamentario máis rigoroso e dá entrada ás auditorías públicas.

Este Real Decreto entrará en vigor o 1 de xullo de 2018 e as auditorías de contas previstas no mesmo realizaranse sobre as contas anuais cuxo exercicio contable se peche a partir de 1 de xaneiro de 2019, estando sometidas ás normas de auditoría do sector público aprobadas pola Intervención Xeral da Administración do Estado e ás normas técnica que as desenvolvan.

O obxectivo principal desta xornada é abordar os aspectos máis relevantes da nova normativa e as implicacións da súa entrada en vigor.

Organizan

 

 

 

Colabora

 

 

 

 

 

 

Destinatarios/as

·         Funcionarios, directivos, empregados e profesionais de entes e administracións públicas e de entidades instrumentais. Membros de equipos de goberno de entidades públicas persoal de confianza e funcionarios eventuais, auditores do sector público.

·         Profesionais de firmas de auditoría privada que queiran ampliar as súas actividades ao ámbito da auditoría do sector público.

Programa e relatores

09:30h - 10:00h.  Inauguración

 

10:00h - 11:45h.  A nova Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público

                        D. José María Santacana Gómez

                        Interventor Delegado no Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

 

11:45h -12:15h.   Pausa Café 

 

12:15h -14:00h.   Regulación do control interno das entidades do sector público local. A auditoría pública nas entidades locais
   
                  D. Juan Raia Gómez

 Interventor do Concello de Jerez de la Frontera 

 Patrón e Presidente da Comisión do Sector Local da Fundación FIASEP

14.00h – 14:30 h. Clausura.

Data e lugar de celebración

Venres, 9 de marzo de 2018

EGAP. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela

 

Matrícula

·           Persoal empregado público (na Comunidade Autónoma de Galicia: matrícula gratuíta)

·           Colexiados/as do Colexio de Economistas da Coruña: 50 €

·           Auditores/as inscritos no REA-Auditores Consello Xeral Economistas: 40 €

·           Membros de FIASEP: 40 €

·           Outros participantes: 80 €

Convocatoria

D.Ou.G. número 38 de 22 de febreiro de 2018

 

Prazo de inscrición

Desde as 8.00 horas do día 23 de febreiro ata as 23.55 horas do día 1 de marzo de 2018

É preciso solicitar a inscrición no prazo indicado,  a partir do cal se publicará a lista de admitidos.

IMPORTANTE: seguir procedemento indicado picando aquí

 

Documentos

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade