USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Risco de fraude na auditoría

Lugar de celebración: A Coruña, Colegio de Economistas de A Coruña
Preinscrición:
29/12/2017-16/01/2018
Matrícula:
29/12/2017-16/01/2018
Celebración:
17/01/2018-17/01/2018
Formación:
Áreas de formación:
Auditoría
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña 17 de xaneiro 2018 

 

As incorrecciones nos estados financeiros poden deberse a fraude ou erro. O factor que distingue a fraude do erro é que a acción sexa ou non intencionada. O auditor, no curso do seu traballo, debe obter unha seguridade razoable de que os estados financeiros, considerados no seu conxunto, están libres de incorrecciones materiais debidas a fraude ou erro, planificando o traballo de auditoría de modo que exista unha expectativa razoable de detección de anomalías significativas resultantes da fraude e o erro. 

No curso, analizarase a responsabilidade do auditor relativa á fraude, así como os procedementos a realizar para identificar, avaliar e dar resposta aos riscos de fraude.

 

Relator
Juan Carlos Garrido Quijada

Senior Manager de EY

 

Programa

1.- A responsabilidade do auditor relativa á fraude en auditoría.

a.- NIA 240 – Responsabilidades do auditor na auditoría de estados financeiros con respecto á fraude.

b.- NIA 250 – Consideración das disposicións legais e regulamentarias na auditoría de estados financeiros.

2.- Definicións

a.- Fraude/Erro

b.- Risco de fraude

3.- Tipoloxía de fraude (Árbore da Fraude Ocupacional)

a.- Corrupción

b.- Apropiación indebida de activos

c.- Manipulación de Estados Financeiros

4.- Procedementos a realizar polo auditor para:

a.- Identificación de riscos de fraude

b.- Avaliación de riscos de fraude significativos para a auditoría

c.- Respostas aos riscos de fraude significativos identificados

d.- Documentación dos procedementos relativos á fraude

 

5.- Exemplos prácticos

 

Duración e homologación

5 horas lectivas

Homologación formación obrigatoria para auditores: 5 horas en auditoría.

 

Data, horario e lugar de celebración Mércores, 17 de xaneiro de 2018, de 9:30  a 14:30  horas

Sede do Colexio de Economistas
C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña


Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 100 euros

Outros participantes: 160 euros

 

Descontos (non acumulables):

10% segunda e sucesivas matrículas

20% membros do REA-REGA (e persoal dos seus despachos)

50% desempregados

 

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade