USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Combinacións de negocios. Contabilización dos arrendamentos_A Coruña 30 de marzo 2009

Lugar de celebración: A Coruña
Preinscrición:
02/03/2009-26/03/2009
Matrícula:
09/03/2009-27/03/2009
Celebración:
30/03/2009-30/03/2009
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Obxectivos 

A xornada exponse en dous partes claramente diferenciadas: as combinacións de negocios e a contabilización dos arrendamentos, facilitándose ao asistente a posibilidade de inscribirse no curso completo ou ben nalgunha das súas duas partes.

Combinacións de negocios:

Sen ningunha dúbida, a nova contabilización das combinacións de negocios constitúe unha das operacións empresariais que experimentou un significativo e relevante cambio co PGC 2008.

As combinacións de negocios regúlanse no RD 1514/2007 seguindo as directrices da NIIF3, o que implica unha normativa máis complexa. Ademais, o novo concepto de combinación de negocios, non é coincidente coas tradicionais operacións de fusión, escisión, compra de empresas,..., senón que alcanza toda unha serie de operacións que implican unha toma de control de negocios externos.

O tema é plena actualidade dado que na actual conxuntura en ocasións unha reestruturación empresarial ou reorganización dos negocios pode resultar unha medida para manter á boia a empresa, ademais de que o propio BOICAC manifestouse recentemente sobre estas operacións no marco do PGC2008.

É por iso que esta parte da xornada pretende analizar con detalle os temas básicos e os máis conflitivos que deben terse en conta no rexistro das combinacións de negocios, ter presente as implicacións tributarias e mercantís dos criterios de contabilización aplicados, coñecer a última normativa aprobada e facilitar  aos profesionais, directores e xestores de empresas os coñecementos teóricos e prácticos para acometer con éxito o seu labor nas operacións de combinación de negocios.

 

Contabilización dos arrendamentos:

A promulgación do PGC 2008 convulsionou o panorama contable, e tratándose dos arrendamentos pódese afirmar que o cambio é maiúsculo. Para empezar, clasificar un arrendamento como operativo ou como financeiro, non é tarefa sinxela, existen indicadores pero non se poden tomar como concluíntes.

O auditor, o contable, o financeiro debe analizar en profundidade os elementos substanciais do contrato a fin de catalogalo como operativo ou financeiro, cuestión primordial e prioritaria, á vez que enredosa e complexa. ¿Hanse de activar os "rentings"? Fiscalmente, ¿cando será arrendamento financeiro?

Salvada a primeira etapa, antes de proceder a calquera contabilización, será mester determinar o saldo  inicial do arrendamento (para o arrendatario e en sede do arrendador),  o tipo de interese implícito, a suma dos pagos mínimos, o valor residual garantido, o valor residual non garantido, ..., así como delimitar as posibles cotas continxentes e os custos directos iniciais, entre outros.

Este marco xeral estenderase a casuísticas como os arrendamentos de terreos e construcións en conxunto, os arrendamentos tipo venda realizados directamente polos fabricantes/distribuidores, as vendas con arrendamento posterior, etc.

Nesta xornada tamén se analizarán  as repercusións contables das prórrogas dos contratos, os incentivos/axudas que o arrendador concede ao arrendatario para facilitar as negociacións, os períodos de carencia acordados, as revisións do contrato, as cotas desiguais, os criterios para o recoñecemento do resultado, as informacións a revelar, a cuantificación do valor presente da débeda (arrendatario) e do dereito de cobro (arrendador), as operacións de "lease-back", a diferenciación para o caso do arrendador fabricante do resultado comercial e do resultado financeiro, entre outras.

Relator

Juan Luís Domínguez
Experto en NIC/NIIF e Reforma Contable. Economista. Profesor Titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Barcelona

Programa

Descargar na sección Documentos

Duración

7,5 horas lectivas, das que 4,5 horas corresponden á materia "Combinacións de negocios" e 3 horas corresponden á materia "Contabilización dos arrendamentos"

Lugar de celebración e horario

Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

Combinacións de negocios: 9,15 a 14,00 horas

Contabilización dos arrendamentos: 16,00 a 19,00 horas

Homologación REA e TAP

Aos efectos da formación obrigatoria requirida polo futuro Regulamento da Lei de Auditoría de Contas, aos membros do Rexistro de Economistas Auditores que asistan a este Curso, se lles convalidará como formación continuada, en función dos requisitos que o citado Regulamento estableza.

Así mesmo as horas de formación deste curso serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.

 

Matrícula

 

  Curso completo

Combinacións de negocios

Contabilización arrendamentos

Colexiados e persoal dos seus despachos:

125,00 €

85,00 €

60,00 €

Membros REA e persoal dos seus despachos:

100,00 €

70,00 €

50,00 €

Outros participantes:  

200,00 €

140,00 €

100,00 €

 Descontos: 10% segunda e sucesivas matrículas

 PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRIPCIÓN

[Solicitar inscrición CURSO COMPLETO]

[Solicitar inscrición "Combinacións de negocios"]

[Solicitar inscrición "Contabilización dos arrendamentos"]

Forma de pago

Transferencia bancaria: 2091-0000-30-3040084894

Data límite: unha vez confirmada a praza por parte do Colexio deberá abonarse a inscrición no prazo máximo de 3 días hábiles. Toda inscrición non abonada en devandito prazo perderá a reserva de praza.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade