USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Operacións vinculadas_A Coruña 25 de marzo 2009

Lugar de celebración: A Coruña
Preinscrición:
02/03/2009-23/03/2009
Matrícula:
09/03/2009-24/03/2009
Celebración:
25/03/2009-25/03/2009
Formación:
Áreas de formación:
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

Obxectivos

En novembro de 2008 publicouse o Real Decreto 1793/2008, que modificou o Regulamento do Imposto sobre Sociedades. Entre as modificacións introducidas cabe destacar especialmente o desenvolvemento regulamentario do novo réxime das  Operacións Vinculadas.

O obxectivo deste seminario é estudar e analizar en detalle as Operacións Vinculadas baixo o novo contexto normativo, desde os supostos de vinculación  até o réxime sancionador, pasando por todos os aspectos que contempla o novo réxime (axustes, obrigacións de documentar, acordos previos de valoración...)

Relatores

Neus Sala Buchaca
Economista. Socia do Bufete Audiconsultores, S.A. Membro da AEDAF (Asociación Española de Asesores Fiscais)

Branca Usón Veigas
Economista. Socia da área fiscal de Roca Junyent Advocats. Membro da AEDAF

Programa

Descargar na sección documentos

Duración e horario

6 horas lectivas impartidas no seguinte horario:
9:45 a 14:00 e 16:00 a 18:00 horas

Lugar de celebración

Sede do Colexio de Economistas
Cabaleiros, 29-1º. A Coruña 

Homologación

As horas de formación deste curso serán computadas a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento da Quenda de Actuación Profesional do Colexio.

Matrícula

  •  Colexiados e persoal dos seus despachos: 100,00 €
  •  Non colexiados: 160,00 €

Descontos: 10% en segunda matrícula e sucesivas

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRIPCIÓN

[Solicitar inscrición]

Forma de pago

Transferencia bancaria: 2091-0000-30-3040084894

Data límite: unha vez confirmada a praza por parte do Colexio deberá abonarse a inscrición no prazo máximo de 3 días hábiles. Toda inscrición non abonada en devandito prazo perderá a reserva de praza.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade