USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Auditoría de subvencións e axudas públicas

Lugar de celebración: A Coruña, A Coruña
Preinscrición:
07/11/2012-18/12/2012
Matrícula:
07/11/2012-18/12/2012
Celebración:
19/12/2012-19/12/2012
Formación:
Áreas de formación:
Contabilidade, Auditoría
Acceso:
Aberto. Inscrición previa.

A Coruña, 19 de decembro 2012

As subvencións e axudas son unha das áreas onde a auditoría do sector público ha alcanzado máis desenvolvemento e un maior grao de colaboración entre os auditores públicos e privados. Ademais, no actual escenario onde a actuación das administracións públicas debe estar presidida pola estabilidade orzamentaria e a sustentabilidade financeira, este tipo de control adquire unha especial relevancia co fin de garantir que os cada vez máis escasos recursos públicos empréganse eficazmente.

Neste contexto, esta xornada exponse cos seguintes obxectivos:

-        Estudar o réxime xurídico aplicable ás subvencións concedidas polas distintas administracións e financiadas con fondos propios ou europeos.

-        Analizar, cun enfoque práctico, o control e auditoría das subvencións e axudas públicas e o papel dos auditores públicos e privados.

-        Mellorar a elaboración de informes de auditoría de subvencións e coñecer as principais incidencias que se presentan neste tipo de traballos.

-        Profundar sobre as cuestións máis problemáticas referentes á concesión e xustificación das subvencións.

-        Coñecer o réxime de infraccións e sancións e as responsabilidades derivadas.

Relatores
Eloy Morán Méndez. Auditor do Consello de Contas de Galicia e profesor asociado da Universidade da Coruña.

Antonio López Díaz. Conselleiro do Consello de Contas de Galicia. Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago  de Compostela.

Jacinto Álvarez Somoza. Subdirector Xeral de Auditorías de Fondos Comunitarios e  Subvencións. Intervención Xeral. Consellería de Facenda.

Mª Aránzazu Portabales Santomé.
Subdirectora Xeral de Fiscalización e Control Interno. Intervención Xeral. Consellería de Facenda.

 

Duración 8 horas lectivas

Programa

CONCEPTOS E ELEMENTOS ESENCIAIS

-        A actividade de fomento das administracións públicas

-        Diferenzas entre subvencións, axudas e outras figuras afíns

-        Dimensión económica do capítulo de subvencións

LEXISLACIÓN

-        Delimitación do réxime xurídico: ¿Que normas son aplicables ás subvencións?

-        Bases reguladoras e convocatoria

-        Concesión de subvencións: concorrencia competitiva e concesión directa

-        Xustificación: Gastos subvencionables, subcontratación, xustificación e comprobación de subvencións

AUDITORÍA DE SUBVENCIÓNS: MODELO DE INFORMES, INCIDENCIAS E TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

-        Clases de control: interno e externo.

-        Colaboración con auditores privados

-        Control de fondos comunitarios

-        Auditoría de concedente e do beneficiario

-        Informes de auditoría: Modelos, estrutura, contido e trámite de alegacións

-        Incidencias recorrentes e significativas

-        Reintegro de subvencións

OUTRAS CUESTIÓNS

-        Infraccións e sancións

-        Responsabilidades

-        Aspectos fiscais das subvencións

 

Data, horario e lugar de celebración 19 de decembro 2012,  de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas
Sede do Colexio de Economistas. C/ Cabaleiros, 29-1º. A Coruña

Homologación 

 

Xornada homologada polo REA aos efectos da formación obrigatoria requirida polo Regulamento da Lei de Auditoría de Contas.

 

As horas de formación deste Curso serán computadas igualmente a efectos do cumprimento dos requisitos de formación obrigatoria establecidos no Regulamento do TAP do Colexio de Economistas da Coruña.


Matrícula

Colexiados e persoal dos seus despachos:

  95,00 €

Outros participantes:  

155,00 €

Descontos (non acumulables):

20% membros REA
10% segunda e sucesivas matrículas

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

FORMACIÓN BONIFICABLE POLA FUNDACIÓN TRIPARTITA (Importante: para conseguir a bonificación é imprescindible realizar os trámites ante a Fundación Tripartita cunha antelación mínima de 7 días antes da celebración do curso).

Mª Aránzazu Portabales Santomé. Subdirectora Xeral de Fiscalización e Conhtrol Interno. Intervención Xeral. Consellería de Facenda.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade