USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Programa Prácticas Máster

No ano 2007 o Colexio puxo en marcha o Máster en Fiscalidade e Tributación do que actualmente se está cursando a décimo segunda edición e á súa vez acabamos de abrir o prazo de inscrición da décimo terceira.

Para as últimas convocatorias arbitrouse un programa de prácticas co obxectivo de que os alumnos realicen unha aproximación á práctica fiscal, a fin de poder aplicar a formación teórica adquirida.

Ditas prácticas realizaranse naquelas empresas ou despachos que teñan interese en incorporar a un alumno do Máster, sen que iso supoña ningún tipo de vinculación laboral nin de compromiso económico.

 

Características

Beneficiarios das prácticas: estudantes matriculados na edición 2019/2020 do Máster en Fiscalidade e Tributación.

Duración: 300 horas en xornada a acordar entre a empresa e o estudante (ampliables ata un máximo de 500 horas).

Data de inicio: unha vez iniciar as clases informarase os alumnos da posta en marcha do programa de prácticas para que aqueles que estean interesados procedan a inscribirse.

Data de finalización: as prácticas deberán estar finalizadas antes do 31 de maio de 2021.

Non vinculación laboral: as prácticas non supoñen vinculación laboral algunha. O Colexio de Economistas encargarase de dar traslado da debida información á Autoridade Laboral e Inspección de Traballo.

Retribución: as prácticas non son remuneradas, en calquera caso a empresa, se o considera oportuno, poderá realizar unha contribución en concepto de bolsa.

Importante: de acordo co Real Decreto 1493/2011 as empresas deberán dar de alta e cotizar polos estudantes no caso de que estes reciban retribucións.

Seguro: o Colexio de Economistas subscribirá unha póliza de accidentes que cubrirá ao alumno durante a realización das prácticas.

Tutorización: o estudante terá un titor por parte do Colexio e outro nomeado pola empresa. 

 

Procedemento

A empresa ou despacho interesado deberá notificar ao Colexio de Economistas o seu interese, enviando o formulario que consta debaixo, na sección “Documentos”, ao mail: formacion@economistascoruna.org.

O Colexio fará chegar á empresa todos os curriculums dispoñibles no momento da solicitude. Unha vez realizada a selección, a empresa notificará ao Colexio os datos do estudante ou estudantes elixidos e a data de inicio das prácticas, procedéndose á firma dos convenios que regulan as mesmas (convenio entre empresa e Colexio e entre estudante e Colexio).

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade