USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Opinións ex-alumnos

LEVAMOS MÁIS DUNHA DÉCADA FORMANDO PROFESIONAIS

Isto é o que opinan os nosos alumnos do Máster en Fiscalidade e Tributación.

 

"O Máster en Fiscalidade e Tributación do Colexio de Economistas é unha excelente opción de formación, cunha calidade de relatoras de primeiro nivel, que están en postos relevantes tanto da administración tributaria como do ámbito privado. Ten un temario moi completo e a relación calidade - prezo, faino estar na mellor formación de fiscalidade de Galicia. Recoméndoo sen dúbida. O equipo directivo e de administración é moi próximo, e fan que todo sexa perfecto".

Arturo Correia Preto (Alumno da 11ª edición)

 

 

 

 

"O Máster de Fiscalidade e Tributación do Colexio de Economistas da Coruña, ofrece unha formación que combina a análise técnica das principais figuras impositivas, coa visión práctica da súa incidencia no funcionamento da empresa. Poder contar con relatores tan cualificados e con tanta experiencia no sector, permitiume obter unha visión global de toda a normativa tributaria. Ademais, o Colexio facilitoume a tarefa de porme en contacto con compañeiros do colectivo afíns á actividade que exerzo".

Alberto Vázquez Núñez (Alumno da 11ª edición)

 

 

 

"O Máster de Fiscalidade e Tributación que se organiza desde o Colexio de Economistas da Coruña antóllase como unha opción formativa imprescindible, non só para quen busca orientar a súa carreira cara á asesoría fiscal, senón para calquera economista que queira ampliar as súas áreas de coñecemento e reforzar a súa posición no mercado laboral ou profesional. No meu caso, é a segunda edición na que participei, o que di todo sobre a opinión que me merece, tanto polo seu programa como polos seus relatores de primerísimo nivel".

Manuel López Moroño (Alumno da 12ª edición)

 

 

 

 

"O Máster en Fiscalidade reúne a excelentes relatores procedentes tanto do ámbito privado como da Administración Tributaria para impartir un programa ambicioso que prioriza a aprendizaxe práctica sen esquecerse do contido estritamente teórico. Ao longo das xornadas, ambos os aspectos compleméntanse mutuamente e permiten familiarizarse con algúns aspectos da práctica cotiá da asesoría fiscal ademais de formar e consolidar unha base sólida de coñecemento tributario. Así mesmo, ao longo do curso o Colexio de Economistas pon a disposición do alumno diferentes cursos, que versan sobre os diversos contidos do programa, impartidos por profesionais de primeiro nivel. No meu caso, que accedín tendo escasa formación en materia fiscal, desde o primeiro momento atopeime cunha dirección e un profesorado sempre disposto a atender as miñas dúbidas e a achegar documentación coa que ampliar a miña visión. Sen desmerecer estes aspectos fundamentais, a miña maior satisfacción o encontro co grupo humano. Estudar este Máster posibilita coñecer a compañeiros cos que compartir inquietudes e lograr sinerxías, así como lograr un sentimento de pertenza a unha comunidade tan enriquecedora como a formada polo Colexio de Economistas da Coruña". 

Pablo Martínez Brea (Alumno da 12ª edición)

 

 

 

"O Máster de Fiscalidade e Tributación do Colexio de Economistas da Coruña, conta cun amplo claustro de profesores con dilatada experiencia e expertos na materia. Permitirache adquirir unha visión ampla dos distintos impostos, que ademais poderás complementar cun programa de prácticas competitivo e flexible".

Ricardo Miranda Pomposo (Alumno da 12ª edición)

 

 

 

 

 

 

"A inestabilidade política ha chegado para quedar, polo que os cambios e reformas tributarias serán cada vez maiores. Co Máster en Fiscalidade e Tributación do Colexio de Economistas da Coruña conséguese ter unha visión ampla da fiscalidade, coas últimas novidades e da man dun claustro de profesores inmellorable, representado polos maiores expertos fiscalistas, tanto por parte da administración como da empresa privada".

Anxo Losada Méndez (Alumno da 12ª edición)

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade