USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Máster en Fiscalidade e Tributación

 

Para desenvolver as cualidades que definen a un bo profesional da asesoría fiscal é imprescindible profundar no coñecemento do sistema tributario, mediante unha visión integral e estruturada do mesmo, cunha metodoloxía esencialmente práctica.

Obxectivos:

Preparar aos alumnos para enfrontarse ao desenvolvemento da asesoría fiscal coa capacidade e coñecemento suficiente para a toma de decisións na realidade.  Ao terminar, os nosos alumnos están formados para a súa introdución inmediata no mundo laboral, e para afianzarse e crecer profesionalmente se xa exercen no ámbito do asesoramento fiscal.

Dirixido a:

O noso Máster está destinado tanto a titulados universitarios con coñecementos fiscais, como a profesionais que desenvolven a súa actividade profesional neste campo e necesitan completar a súa formación. Tamén está orientado a estudantes que estean a cursar o último ano de grao.

Programa:

Visión práctica e íntegra de todo o sistema tributario: todos os tributos de ámbito estatal, autonómico e local, Lei Xeral Tributaria e Procedementos Tributarios, complementado con formación contable.

Descargar programa académico

Profesorado:

Prestigosos profesionais de todos os ámbitos: despachos especializados, empresa privada, administración pública e cátedra universitaria.

Descargar claustro docente

Homologación: 

O Máster en Fiscalidade e Tributación do Colexio de Economistas da Coruña está homologado a nivel nacional polo Rexistro de Economistas Asesores Fiscais do Consello Xeral de Economistas de España.

Duración:

280 horas presenciais, impartidas na sede do Colexio de Economistas da Coruña, de outubro 2018 a juulio 2018

Horario compatible con xornada laboral: venres tarde, sábados mañá.

Emprego:

Acceso a prácticas en depachos profesionais e ao servizo de emprego do Colexio de Economistas da Coruña.

DESCARGAR FOLLETO PDF

DECARGAR SOLICITUDE ADMISIÓN

DESCARGAR SOLICITUDE BOLSA TALENTO

 

SOLICITAR INFORMACIÓN

 

Contacto: 981 154 325 - formacion@economistascoruna.org

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade